Asunción Vilas López, coñecida como Vidala, nada en Lourizán (Pontevedra) en 1913 e finada na mesma parroquia en 1989, foi unha sindicalista e política galega.

Traxectoria Filla de Asunción López, que traballaba na lonxa de Marín e facía de parteira. Orfa de pai. Con 18 anos implicouse na actividade sindical das traballadoras do mar. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na defensa de Pontevedra e estivo nas barricadas. Foi detida, interrogada, torturada e pelada. Ingresou no cárcere de Pontevedra. Xulgada en consello de guerra por requisa de armas e auxilio á rebelión o 19 de decembro,El Pueblo Gallego, 20-12-1936, p. 7. foi condenada a doce anos. Compriu condena na Prisión Central de Saturrarán,Personas encarceladas en la carcel de mujeres de Saturraran: 1.578 con Antonia e Adelina Otero Martínez. Tivo un cólico nefrítico e foi posta en liberdade, probabelmente pola intercesión de dous dos seus irmáns, un garda civil e outro capitán do exército. Finou en Lourizán en 1989.

Vida persoal Foi nai de Carmen Vilas López.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas 'Libertarias galegas' por Lola Ferreiro Díaz

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1989