A RNase PH (ribonuclease PH) é unha ARNt nucleotidiltransferase presente en arqueas e bacterias que está implicada no procesamento do ARNt. Ao revés que os encimas hidrolíticos, é un encima fosforolítico, o que significa que usa fosfato inorgánico como reactivo para romper enlaces entre nucleótidos, liberando nucleótidos difosfato. A estrutura activa da proteína é un complexo homohexámero que consta de tres dímeros de ribonuclease (RNase) PH. A RNase PH ten homólogos en moitos outros organismos, que se denominan proteínas similares á RNase PH. A parte doutra proteína que teña un dominio moi similar á RNase PH denomínase dominio de RNase PH (RPD).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Dous complexos de exorribonucleases moi relacionados: Polinucleótido fosforilase Exosoma (complexo)
Ligazóns externas Estrutura cristalina da RNase PH de Aquifex aeolicus no RCSB Protein Data Bank
Categoría:Ribonucleases Categoría:Transferases