Susan Leigh Star, nada en Rhode Island o 3 de xullo de 1954 e finada en Pittsburgh (Pensilvania) o 24 de marzo de 2010, foi unha socióloga estadounidense.
Traxectoria
Especializada no coñecemento da información, nas infrastruturas da información, nos procesos de clasificación e estandarización e na socioloxía do traballo. Interesouse especialmente polos ámbitos da tecnoloxía e os procesos de dixitalización en sistemas abertos. Prestou especial atención aos sistemas de comunicación/información no campo científico e, especialmente, en áreas como a medicina e os museos. Unha das súas achegas máis destacadas foi a noción de "boundary object" (obxecto nexo, fronteira ou límite). A noción fai referencia a eses obxectos ou elementos que poden concitar a colaboración ou o interese de grupos distintos sen necesidade de consensoStar, Susan Leigh (2015a). “The Structure of Ill-Structured Solutions: Boundary Objects and Heterogeneous Distributed Problem Solving”. En Geoffrey C. Bowker, Stefan Timmermans, Adele E. Clarke e Ellen Balka (eds.). Boundary Objects and Beyond. Working with Leigh Star. Cambridge/London: The MIT Press, 243-259 [artigo orixinal de 1988]..Tamén destacan as súas contribucións á construción de sistemas computacionais distribuídos orientados ao traballo cooperativoStar, Susan Leigh (2015b). “Steps toward an Ecology of Infrastructure: Design and Access for Large Information Spaces”. En Geoffrey C. Bowker, Stefan Timmermans, Adele E. Clarke e Ellen Balka (eds.). Boundary Objects and Beyond. Working with Leigh Star. Cambridge/London: The MIT Press, 377-415 [artigo orixinal de 1996]..
No plano epistemolóxico as súas achegas remiten á teoría feminista e á socioloxía crítica, entre outros, e dialogan con colegas do seu propio campo como Bruno Latour.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de California, San Francisco Categoría:Alumnos do Radcliffe College Categoría:Profesores da Universidade de Pittsburgh Categoría:Feministas radicais Categoría:Sociólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América Categoría:Finados en 2010 Categoría:Nados en 1954