miniatura|Imaxe secuencial en intervalos de tempo dun xerme dun dente en desenvolvemento derivado dun embrión de rato. O desenvolvemento dos dentes en animais ou odontoxénese en animais é o proceso por medio do cal os dentes se desenvolven e crecen dentro da boca dos animais. O desenvolvemento dos dentes varía entre distintas especies.
Desenvolvemento dos dentes en vertebrados
Peixes
En peixes a expresión do xene Hox regula os mecanismos de inicio da formación dos dentes.
Porén, os tiburóns producen continuamente dentes novos durante toda a súa vida por medio dun mecanisto totalmente diferente. Os dentes dos tiburóns fórmase a partir de escamas modificadas situadas preto da lingua que se moven cara adiante na mandíbula en ringleiras ata que finalmente son arrancados durante o seu uso.Michael E. Williams, Jaws: The early years, found here . As súas escamas, chamadas dentrículos dérmicos e os dentes son órganos homólogos.
Mamíferos Xeralmente, o desenvolvemento dos dentes en mamíferos non humanos é similar ao desenvolvemento dos dentes humanos. As variacións adoitan estar na morfoloxía, número, momento do desenvolvemento e tipos de dentes.Frandson and Spurgeon, Anatomy and Physiology of Farm Animals., p. 305. Con todo, nalgúns mamíferos os dentes desenvólvense de xeito diferente ao observado en humanos.
En ratos, son necesarios os sinais WNT para o inicio do desenvolvemento dos dentes. Os dentes dos roedores crecen continuamente, o que os obriga a desgastar os dentes mastigando ou rillando diversos materiais.Caceci. Veterinary Histology with subtitle "Digestive System: Oral Cavity" found here . En caso de que se impida aos roedores rillar, os seus dentes acaban por perforarlles o teito da boca. Ademais, os incisivos dos roedores constan de dúas metades, consideradas análogas da coroa e a raíz. A metade labial está feita de esmalte e lembra unha coroa, mentres que a metade lingual está feita de dentina e semella unha raíz. A distribución mineral no esmalte dental dos roedores é diferente da de monos, cans, porcos e humanos.
Nos dentes de cabalo as capas de esmalte e de dentina están intercaladas, o cal incrementa a forza e diminúe a velocidade de desgaste dos dentes.Jake Andersen, DMD, Teeth En contra do que moitas veces se cre, os dentes dos cabalos non "crecen" indefinidadmente, senón que os dentes existentes nacen baixo a liña das enxivas. Os cabalos empezan a "esgotar" esta erupción de novos dentes cando teñen pouco máis de 30 anos e, nos raros casos en que viven o suficiente, as raíces dos dentes caen completamente cando están na metade ou no final da década dos seus trinta anos de vida.
Nos manatís os molares mandibulares desenvólvense separadamene da mandíbula e insírense nunha vaíña ósea separada por tecido brando. Isto tamén ocorre nos dentes sucesivos dos elefantes, que emerxen para substituír os dentes gastados. Aos elefentes crécenlles seis conxuntos de molares durante a súa vida sucesivamente, todos os cales crecen na parte traseira da boca e despois son empurrados cara adiante.
Os mamíferos da orde Tubulidentata non teñen incisivos nin caninos, os seus dentes non teñen esmalte e os seus molares medran continuamene desde a raíz."Class Mammalia, Order Tubulidentata, Family Orycteropodidae, Species Orycteropus afer," University of Michigan Museum of Zoology. Consultado o 16 de novembro de 2009.
Desenvolvemento dos dentes humanos
Hai moitas diferenzas no xeito en que se desenvolven os dentes dos humanos e doutros primates respecto a outros mamíferos. Os dentes desenvólvense lentamente durante o inicio da súa vida. Unha vez que se forma o tecido dental de primates, incluído os dos humanos, hai poucos cambios durante o resto da vida do organismo, pero hai factores como o desgaste dos dentes e as enfermidades dentais que poden alterar o tecido dental dos primates. O tecido dental dos primates ten unha estrutura en capas e os científicos poden observar esta estrutura en capas cronoloxicamente para describiren o desevolvemento dos dentes. Esta estrutura en capas consérvase durante toda a vida do humano ou outro primate.
Os dentes humanos empezan a formarse de forma primaria no feto, despois do nacemento crece unha dentición de leite, que posterioremente é substituída pola dentición definitiva. Os dentes fórmanse a patir dun xerme dental que consta de tres partes: órgano do esmalte (dá lugar aos ameloblastos e ao esmalte), papila dental (forma os odontoblastos, a dentina e a polpa) e o saco ou folículo dental (forma odontoblastos, cementoblastos e fibroblastos, que orixinan o cemento, o ligamento periodontal e óso alveolar).
"Dentes" de invertebrados Os dentes "verdadeiros" son exclusivos dos vertebrados, mais algúns invertebrados teñen estruturas análogas ás que as veces se lles chama tamén "dentes". Os organismos co xenoma máis simple que teñen tales "dentes" son probablemente os vermes nematodos Ancylostoma duodenale e Necator americanus. Os moluscos teñen unha estrutura chamada rádula que ten unha fita de "dentes" quitinosos. Porén, estes son desde o punto de vista histolóxico e de desenvolvemento diferentes dos dentes de vertebrados e non son homólogos. Por exemplo, os dentes dos vertebrados desenvólvense a partir da papila dental derivada do mesénquima da crista neural, e a crista neural é específica de vertebrados, así como tecidos como o esmalte dental.
Variación do desenvolvemento dos dentes entre as especies
O estudo do desenvolvemento dos dentes en distintas especies indica que este varía moito en distintos tipos de organismos. Os organismos poden variar desde os que non teñen dentes aos que lles crecen moitas capas de dentes durante a vida. Nalgúns casos especiais os dentes de determinadas especies rexenéranse durante toda a vida. Para estudar o desenvolvemento dental elíxense organismos pola súa especificación dental temperá e a súa capacidade de substitución dental. Os organismos que rexeneran os dentes son especialmente interesantes para estudar os mecanismos odontoxenéticos.
Xenética
No desenvolvemento dos dentes de réptiles, estudouse a localización e funcionamento do xene SHH e da banda odontoxenética que axuda a recoller información sobre o desenvolvemento dental neses animais cando son novos. O xene SHH dá instrucións para producir unha proteína chamada sonic hedgehog, e esta proteína funciona axudando en certos procesos de desenvolvemento embrionario. O xene SHH e as proteínas exercen un importante papel non só no desenvolvemento dental, senón tamén na proliferación celular, especialización e establecemento dos padróns do corpo do organismo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Desenvolvemento dos dentes humanos Dente farínxeo
Ligazóns externas Histoloxía veterinaria do Dr. Thomas Caceci.
Categoría:Anatomía animal Categoría:Fisioloxía animal Categoría:Desenvolvemento dos dentes