Francisco Peña Villar, coñecido como Xico de Carinho, nado en Cariño o 13 de marzo de 1940, é un mestre, fotógrafo e músico galego.

Traxectoria

Estudou no Seminario de Lourenzá e no de Mondoñedo. Cursou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, Valencia e Barcelona. Formouse en Etnomusicoloxía en París (Ecole Pratique des Hautes Etudes, Sorbonne) e Socioloxía da África negra no Instituto Africano de Xenebra.

Foi profesor de ensino primario entre anos 1979-2000: Marei, Mosteiro, Arbo, Universidade Popular de Vigo, Nigrán, Gondomar, Rebordáns, Guillarei e Cangas de Morrazo, onde fixou a residencia.

Compuxo música para cine (Barcelona), teatro universitario (Valencia) e teatro de monicreques “Faba na Ola”. Foi instrumentista de harmónica con Na Virada e Xico de Carinho-Humberto Heredia, Colectivo Zeca Afonso e Colectivo Xestal.

Ten tamén obra fotográfica: Exposición Retrincos de Cuba, en Cangas, Moaña, Cariño, Vigo e na fotobienal Outono fotográfico de Ourense.

Mantivo un fonda amizade e colaboración con José Afonso desde que se coñeceron en París, até a homenaxe de 1985 no parque de Castrelos, organizada polas Asociacións Culturais e o xornal A Nosa Terra.

Discografía

Nas terras de Benvira. LP. co cantor Geraldo Vandré para Le Chant du Monde. Paris, 1971/ Brasil-,1973. Rolada das Cantigas (2002). Na Virada. CD Solaina (,2006). Ed.Kalandraka. Na Virada. Libro-disco. Na harmónica (2019). Acentral folque. Libro-disco.

Colaboracións

A qui, a quoi, Nöe Willer. Ed. Philips. París,1971. CD Galiza a José Afonso (1999). Vigo: Ed.do Cumio. Con Humberto Heredia Tierra Alantre, de Ronda dos Quatro Caminhos con Orq.Sinfónica Portuguesa e Coros do T.Nacional (Setúbal-2014). CD

Publicacións

O Engado da música (1992). Vigo: Ed.Ir Indo. Pedagoxía musical. Asinado como Francisco Peña Villar.

Libros colectivos

Unidade didáctica José Afonso (1987). Vigo. Provas de contato.Amigos maiores que o pensamento (2012). Porto Alípio de Freitas,palabras de amigos (2017). Lisboa. Xaquín Campo Freire,Ganduxando vidas (2017) . Ferrol. Fútbol  e outras historias de Cariño Vello (1917-1987) (2018). Ed.Terras do Ortegal.

Premios e recoñecementos

2026: aRi[t]mar concedeulle o Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona «porque leva toda unha vida tendendo pontes de afecto, memoria e cultura entre Galiza e Portugal».

Notas

Categoría:Nados en Cariño Categoría:Nados en 1940 Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia