Renata Cantilena, nada en Salerno en 1954,"Renata Cantilena". Numista.com é unha numismática e profesora universitaria italiana, catedrática de Numismática Grega e Romana na Universidade de Salerno.
Traxectoria Renata Cantilena cursou estudos de Cultura Clásica na Universidade de Salerno, onde se graduou en 1976 na especialidade de Arqueoloxía."Renata Cantilena ". Università degli Studi di Salerno (docenti,unisa.it).
Entre 1980 e 1992 traballou na Dirección Arqueolóxica de Nápoles e Caserta, nun posto de arqueóloga experta en numismática, e nesa mesma época, de 1982 a 1992, ocupou o cargo de directora do Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles."Renata Cantilena". Academia.edu
O 1 de novembro de 1992 comezou a exercer a docencia, como profesora asociada, na Universidade de Salerno, onde posteriormente accedeu á cátedra de Numismática Grega e Romana. Igualmente, foi docente de Museoloxía na Escola de Especialización en Patrimonio Arqueolóxico da mesma universidade, e en diversos períodos ensinou a materia de Numismática Grega e Romana na Escola Arqueolóxica Italiana de Atenas.
A súa liña de investigación céntrase sinaladamente na moeda da antiga Grecia e da antiga Roma, con estudos acerca da produción e a circulación de moedas en cidades e comunidades do sur de Italia e con especial atención aos contextos arqueolóxicos dos achados de moedas. Tamén se interesa pola museoloxía e o coleccionismo de moedas antigas.
Cantinela é membro da Comisión Internacional de Numismática. En 2019 accedeu á dirección do Consello Universitario Italiano de Numismática. a partir de 2024 dirixe tamén o Instituto Italiano de Numismática.Nomeamento de Cantilena como directora do IIN. Istitutoitalianonumismatica.it
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos da traxectoria de Renata Cantilena:
(1988). Monete della Campania antica. BAnco di Napoli, Nápoles. (1999). Accumulare denari. In un tesoro da Paestum due secoli di storia, Roma 1999, pp. 5-71. 8. Soprintendenza Archeologica per le province di Salerno, Avellino e Benevento, Salerno. (2000). Il gruzzolo di denari da Paestum. Un rinvenimento di età augustea. Istituto Italiano di Numismatica. ISBN 978-8885914377 (2002). Velia. La moneta. Naus, Nápoles. ISBN 88-7478-001-X (2008). Pompei. Rinvenimenti monetali nella Regio VI, Istituto Italiano di Numismatica, Roma. ISBN 9788885914452 (2008). La moneta in Grecia e a Roma. Appunti di numismatica antica. Monduzzi, Boloña. ISBN 978-8865210192 (2009). Museo Archeologico Nazionale di Napoli. La collezione numismatica. Per una storia monetaria del Mezzogiorno (con T. Giove). Electa, Nápoles. ISBN 978-8851001797 (2015). Poseidonia-Paestum e la sua moneta (con F. Carbone). Pandemos, Salerno¡ . ISBN 9788887744682
Notas
Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Salerno Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Arqueólogos de Italia Categoría:Alumnos da Universidade de Salerno Categoría:Profesores da Universidade de Salerno Categoría:Directores de museos Categoría:Personalidades sen imaxes