Begoña Feijoo Fariña, nada en Vilanova de Arousa en 1977, é unha escritora, bióloga, e promotora cultural galega residente na Suíza.

Traxectoria

Vive na Suíza desde os doce anos. Licenciouse en Bioloxía na Università dell`Insubria e traballou en entomoloxía. Desde 2015 dedícase ao teatro e a escrita en italiano. É cofundadora da compañía de teatro inauDita, onde se ocupa principalmente da dramaturxia e a dirección.

Obras

Novelas en italiano

Abigail Dupont (2016). Teramo: Demian Edizione, col. La tabula. 144 páxs. ISBN 978-8899813048. Maraya (2017). Viterbo: AUGH! 136 páxs. ISBN 978-8893432429. Per una fetta di mela secca (2020). Gabriele Capelli Editore. 144 páxs. ISBN 978-8897308904. Un anaco de mazá seca (2026). Cangas: Rinoceronte. 180 páxs. ISBN 979-13-87877-09-5. Tradución de Moisés Barcia. La parola alle cose (2025). Con Laura di Corcia. 160 páxs. ISBN 978-8882816858. Come onde di passaggio (2025). Gabriele Capelli Editore. 144 páxs. ISBN 978-8831285636.

Premios

Premio letterario grigione 2026, Come onde di passaggio. Premio svizzero di letteratura 2026, Come onde di passaggio.

Notas

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Vilanova de Arousa Categoría:Biólogos de Suíza Categoría:Escritores en lingua italiana