Geochelone é un xénero de tartarugas testudínidas que viven no sur de Asia. Comen principalmente plantas.

O nome procede do grego antigo γῆ (gê), que significa 'terra', e χελώνη (khelṓnē), que significa 'tartaruga', é dicir 'tartaruga de terra'.

Especies Despois de diversos cambios taxonómicos sufridos, o xénero consta de só dúas especies existentes: Imaxe Nome común Nome científico Distribución 120px Geochelone elegans India, Paquistán e Sri Lanka. 120px Geochelone platynota Myanmar

Varias especies de tartarugas foron recentemente retiradas deste xénero. Esta taxon como estaba previamente definido era "polifilético, representando polo menos cinco clados independentes". As especies retiradas eran membros de Aldabrachelys (das illas Seychelles e Madagascar), Astrochelys (Madagascar), Chelonoidis (América do Sur e as illas Galápagos), Stigmochelys e Centrochelys (África), e o taxon extinto Megalochelys (sur de Asia). Estas especies son tamén únicas pola súa capacidade de lembrar padróns e camiños espaciais. Igual que en mamíferos, estas tartarugas poden lembrar direccións e camiños grazas á súa memoria a longo prazo.Wilkinson, A., Chan, H. M., & Hall, G. (2007). Spatial learning and memory in the tortoise (Geochelone carbonaria). Journal of Comparative Psychology, 121(4), 412.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Geochelone Report en Integrated Taxonomic Information System. Consultado o 12 de xaneiro de 2008. Consellos sobre coidados

Categoría:Testudínidos