Cántaro de Atenas (en latín Cantharus, en grego antigo Κάνθαρος "Kántharos") foi un poeta ateniense da comedia antiga, probabelmente contemporáneo de Platón, o poeta cómico, mencionado por Suídas e Eudoxia Macrembolitissa. Traxectoria Consérvanse algúns fragmentos dunha comedia chamada Symmachia e outras dúas: Medea e Tereo. De dúas máis, mencionadas por Suídas (Μύρμηκες e Ἀηδόνες), non se conserva fragmento ningúnCantharus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 596.. Notas

Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Personalidades de Atenas na Antigüidade