O Hondurasgate é o nome co que se coñece unha serie de supostas filtracións de arquivos de son entre personaxes políticos hondureños —entre eles o expresidente e narcotraficante Juan Orlando Hernández e o actual presidente Nasry Asfura, ambos os dous do conservador Partido Nacional de Honduras— que revelaría unha rede de inxerencia política en Honduras e outros países de América Latina. Os audios tamén implicarían a participación de actores políticos de Estados Unidos, Israel e Arxentina para influír na situación política de Honduras. Os arquivos publicáronse en abril de 2026 no sitio web hondurasgate.ch e o medio esquerdista Canal Red. Antecedentes En abril de 2026, o portal hondurasgate.ch xunto co medio esquerdista Canal Red difundiron 37 arquivos de son, datados entre xaneiro e abril de 2026, que destaparían un plan internacional para permitir o regreso de Juan Orlando Hernández á presidencia de Honduras e desestabilizar aos gobernos progresistas de Gustavo Petro en Colombia e Claudia Sheinbaum en México.
Hernández fora condenado a 45 anos de prisión en 2024 polo delito de narcotráfico pero foi indultado en 2025 polo presidente estadounidense Donald Trump. Segundo os arquivos filtrados, este apoio realizouse coa mediación do goberno de Israel e «unha xunta de rabinos». A cambio, o exmandatario negociaría con Trump para a expansión das bases militares de Estados Unidos en Honduras e o establecemento de Zonas de Emprego e Desenvolvemento Económico (ZEDES) en diversas localidades do país.
Contido
Sobre Honduras Os arquivos presuntamente revelan un plan para restablecer a Hernández no poder e impulsar as ZEDE, cumprindo o trato que Hernádez tería feito con Trump a cambio da súa liberación.
Segundo as gravacións, Hernández buscaría que o goberno de Honduras «regrese ás mans correctas», sendo apoiado por Trump. O plan incluiría o uso de igrexas evanxélicas para que «á xente se lle esqueza o pasado», segundo instrucións dadas por Hernández ao presidente do Congreso Nacional, Tomás Zambrano. Ao mesmo tempo, a trama contempla a expansión da presenza militar estadounidense en puntos estratéxicos de Honduras como a base aérea José Enrique Soto Cano, ademais de posibles instalacións en Roatán e Comayagua vinculadas a investimentos estadounidenses.
Do mesmo xeito, Hernández tería acordado entregar proxectos clave, como o tren interoceánico, a empresas como General Electric
Sobre o ámbito internacional No ámbito internacional, o Hondurasgate describiría unha estratexia para desestabilizar os gobernos progresistas de Sheinbaum en México e de Petro en Colombia.
Hernández tería solicitado fondos para establecer unha «unidade de xornalismo dixital» con sede en Estados Unidos para xerar fake news e «expedientes» sobre narcotráfico e inseguridade para desgastar ás administracións de Sheinbaum e Petro sen que as operacións puidesen ser rastrexadas a Honduras. Os arquivos indican que o presidente de Arxentina, Javier Milei, puido achegar 350 000 dólares para a conformación deste equipo de comunicación.
Israel tamén estaría involucrado, segundo os arquivos, ao proporcionar en Honduras un marco xurídico «que favoreza ás empresas de intelixencia artificial de Estados Unidos e Israel»
Notas
Categoría:Honduras Categoría:2026