A represión na zona republicana durante a guerra civil española foi unha sucesión de accións violentas cometidas no zona controlada polo bando republicano durante a guerra civil española.Esparza, José Javier (op. cit.)Beevor, Antony (op. cit.)

As devanditas accións eran cometidas por grupos revolucionarios contra quen se percibían como inimigos de clase. En España iso incluía tanto empresarios, industriais, terratenentes e políticos da dereita como membros e bens da Igrexa católica, a quen tradicionalmente as forzas de esquerda vira sempre como aliñada coas clases capitalistas e reaccionarias e actuando como un factor necesario para a alienación da clase obreira.Thomas, Hugh (op. cit.)Payne, Stanley (op. cit.)Tuñón de Lara, M. (op. cit.) O número de relixiosos católicos mortos, sen contabilizar os segrares, sitúase arredor dos 6000 e os 6800.A cifra de máis de 6800 relixiosos católicos mortos foi estimada por Antonio Montero Moreno na súa tese de doutoramento na Universidade de Salamanca. O número e nome das vítimas incluíu 4184 sacerdotes, 2365 frades e 283 monxas. Ver: Montero Moreno, Antonio (1999). Historia de la persecución religiosa en España, 1936-1939. BAC. p. 762. ISBN 8479143835. A orde de magnitude foi referendada por outras fontes, como o hispanista británico Paul Preston. Ver: Preston, Paul (2011). La Guerra Civil Española: reacción, revolución y venganza. Ed. Debolsillo. p. 126. ISBN 9788499891507. «Algunhas unidades da milicia dedicáronse a limpar as súas cidades de dereitistas importantes e, en especial, de cregos. Destruíronse igrexas e monumentos sacros. Estímase que foron asasinados arredor de seis mil sacerdotes e relixiosos.» .

O golpe de estado de xullo de 1936 e a revolución social que o seguiu na zona que quedou en poder da República provocaron o colapso do Estado e dos seus aparellos coercitivos. O exército foi disolto e os corpos policiais sufriron unha fonda mutación. Ocuparon o seu lugar multitude de «micropoderes» exercidos por comités e milicias obreiras e tamén polos restos dalgunhas unidades policiais e de organismos oficiais. Estes «micropoderes» exerceron as funcións propias dos aparellos policiais e xudiciais do Estado e protagonizaron a intensa violencia política que se desatou especialmente nos primeiros meses da guerra contra os «dereitistas» e «facciosos» da retagarda republicana. Un colectivo especialmente perseguido foi o relixioso.

Os centros de detención que usaron denomináronse xeralmente «checas» (non confundir coa checa orixinaria bolxevique). Nelas as persoas encarceradas por motivos políticos (ou «dereitistas») foron obxecto de malos tratos, de vexacións e de traballos forzados, especialmente cando quen os custodiaban eran milicianos e non funcionarios.

A represión na zona republicana nos primeiros meses

Despois do golpe de estado de 1936

miniatura|Monólito alzado no cemiterio de Paracuellos de Jarama en honor ás vítimas das matanzas de Paracuellos enterradas no mesmo miniatura|Portal gótico da igrexa parroquial de Sant Genís, en Vilassar de Dalt (Barcelona), recuperado das ruínas da igrexa orixinal, derruida e reconstruída en 1940 Os primeiros días tras o golpe de estado uníronse dous factores determinantes no estalido da represión indiscriminada no territorio controlado pola República. Co fin de apagar os focos de rebelión repartíronse armas aos obreiros integrados en milicias (ou estes conseguíronas pola súa conta), controladas polos partidos políticos e sindicatos, non polo Goberno. Por outra banda, a rendición dos militares sublevados nas prazas onde o golpe fracasou destapou a trama de conxuras arredor da planificación do mesmo. Expuxo a intervención de grupos de ultradereita e estendeu a sospeita de «golpistas» sobre todas as organizacións e clases sociais que nalgunha ocasión apoiaran politicamente tales grupos, o cal incluía a dereita e a Igrexa católica.

A entrega de armas a continxentes fóra do control do Estado, unida a unha identificación (certa ou non) de inimigos da República, uniuse á oportunidade de realizar axustes de contas persoais. A represión empezou coa execución de golpistas tras rendérense nas zonas onde o golpe fracasou. Dende aí seguiu co arresto indiscriminado (seguido en ocasións do asasinato) de persoas sospeitosas de apoiaren o golpe. Estas eran principalmente industriais, terratenentes, xente de ideoloxía política claramente dereitista e relixiosos.

O tema de até onde chegaron as responsabilidades políticas nesta fase inicial de crimes é obxecto de certa disputa. A liña máis común na historiografía afirma que a gran maioría de casos debéronse principalmente a unha explosión de ira no bando republicano ou ao desquite individual amparado na falta de control. Fóronse apagando até desapareceren a inicios de 1937, cando o goberno finalmente logrou tomar as rendas das milicias armadas. Algunhas fontes «revisionistas», encabezadas por Pío Moa e César Vidal, afirman que o Goberno da República e os principais partidos políticos que o formaban eran perfectamente conscientes do ocorrido, polo que favorecían as devanditas accións de maneira aberta e constante. A afirmación de que a guerra civil non comezou co golpe de estado en España de xullo de 1936, senón coa Revolución de Asturias de 1934, forma parte da liña argumental destas fontes en todas as súas obras sobre a guerra civil e a ditadura franquista.

A represión iniciouse perseguindo golpistas feitos prisioneiros (como Fanjul ou Goded) e aqueles percibidos como inimigos de clase: dirixentes, militantes ou simpatizantes da CEDA, da Comunión Tradicionalista (como Víctor Pradera) ou de Falange Española (como Primo de Rivera ou Ledesma). Tamén foron perseguidos terratenentes e nobres (como Fernando de la Quadra Salcedo), empresarios e industriais, católicos recoñecidos (como Joan Rovira i Roure) e mesmo políticos republicanos contrarios á revolución social (como Melquíades Álvarez). Formáronse patrullas de milicianos armados co obxectivo de arrestar e xulgar sumariamente os «inimigos do pobo». Malia que unha minoría dos asasinados eran supostamente culpábeis de delitos de sangue,Thomas e Payne refiren os casos do fusilamento de expistoleiros da patronal como Ramón Sales e Inocencio Faced, considerados responsábeis dos asasinatos de Layret, Boal e Seguí. o baleiro de poder causado polo golpe, enchido de facto polos recentemente armados grupos das milicias obreiras sen supervisión, deu pé á posibilidade de axustar contas persoais sen temor a castigo, situación que se deu con relativa frecuencia.Thomas refire novamente, entre outros, casos de labregos en Andalucía que foron denunciados como fascistas (e posteriormente executados) por persoas que lles debían diñeiro, un médico que se salvou polos pelos da denuncia dun paciente insatisfeito ou un xuíz asasinado na súa casa fronte á súa familia por un exconvicto a quen condenara meses antes. Do mesmo xeito, a calor do combate nos primeiros días provocou varios incidentes de asasinatos masivos de prisioneiros cando os milicianos lograban reducir un núcleo golpista despois dunha defensa armada intensa. Así sucedeu no cuartel de Simancas e o cuartel da Montaña.

Nas grandes cidades instituíronse as checas co fin de actuar como policía política. Porén, algunhas (como a dirixida por Agapito García Atadell) eran simples bandas criminais con afán de lucro persoal que se amparaban baixo a cobertura dos partidos e sindicatos para alcanzaren os seus obxectivos persoais. Os presos eran moitas veces obxecto de «paseos», é dicir, eran trasladados aos arredores, onde eran executados e abandonábanse os cadáveres. En ocasións estes asasinatos realizábanse de forma masiva, nas chamadas sacas de presos, como ocorreu durante a matanza do Cárcere Modelo. Nelas reuníanse presos de distintas checas ou cárceres (como a de Porlier ou a Modelo de Madrid), moitas veces co pretexto dun traslado, cando realmente o seu destino era unha execución extraxudicial e unha fosa común. As máis famosas delas foron as posteriormente bautizadas como matanzas de Paracuellos.

Todas as grandes cidades na zona republicana dispuxeron das súas checas, como Valencia. Nesta cidade destacaron pola súa importancia as de Santa Úrsula, de Trinitarios ou do Seminario, de Carniceiros, das Torres de Quart ou da rúa Sorní, pola que pasaron miles de persoas. Nelas non só se privaba de liberdade, senón que levaban a cabo torturas e execucións.

En Cataluña constituíronse forzas de seguridade paralelas ás gobernamentais, como foron as Patrullas de Control, adscritas ao Comité Central de Milicias Antifascistas de Cataluña. Estas actuaron de forma represiva e violenta por toda a xeografía catalá e participaron activamente na persecución aos maristas en Barcelona en 1936, na que morreron 172 persoas.

As violacións e demais vexacións ás mulleres (como no caso das chamadas enfermeiras mártires de Somiedo) foron proporcionalmente moi infrecuentes.No que se refire ao clero, a proporción de monxas asasinadas foi moi inferior á de homes (282 en total). Na Causa General refírese un único caso de violación a unha monxa, que foi posteriormente desmentido.

O caso do País Vasco O País Vasco permaneceu practicamente alleo á violencia relixiosa, aínda que os actos de represión política por parte das milicias déronse igual ca no resto de España.Azcona, José Manuel (op. cit.)Albertí, J. (op. cit.) A poboación do territorio vasco era daquela moi relixiosa. Alí a Igrexa mantívose sempre moi unida á terra, as parroquias eran o punto de reunión natural nas zonas rurais e o nivel de católicos practicantes, que no conxunto de España non alcanzaba o 30 %, no País Vasco superaba o 50 %. De feito, o Partido Nacionalista Vasco, principal forza nacionalista vasca, tivo desde a súa orixe unha importante tradición relixiosa católica, anticipándose ao xurdimento dos modernos partidos democristiáns. A Igrexa vasca, pola súa banda, sempre dera amplo apoio ao nacionalismo vasco.

Esta situación da Igrexa, diametralmente oposta á do resto do territorio español, fixo que tras a toma do País Vasco por parte das tropas sublevadas os sacerdotes identificados como nacionalistas vascos fosen tamén albo da represión. As tropas franquistas fusilaron un total de 16 sacerdotes en 1936 polas súas ideas nacionalistas. A xerarquía católica española subestimou o feito, agás o bispo de Vitoria, que foi expulsado de España polas autoridades franquistas por manifestar as súas protestas. O Vaticano protestou polos fusilamentos, aínda que a devandita protesta non se fixo pública no seu día e foi ignorada pola propaganda franquista.

Por outra banda, aínda que a proporción foi moi inferior á do resto de España, tamén foron asasinados 39 membros do clero no País Vasco, principalmente nas sacas de presos ocorridas nos buques prisión Cabo Quilates e Altuna-Mendi, así como nas prisións de Larrinaga e Ángeles Custodios, entre agosto de 1936 e xaneiro de 1937. Estas sacas producíronse como represalias aos bombardeos da aviación do bando sublevado.