Chelonoidis niger duncanensis é unha subespecie da tartaruga xigante dos Galápagos endémica da illa Pinzón (antes chamada illa Duncan) do arquipélago das Galápagos. Noutras clasificacións foi tratada como especie co nome Chelonoidis duncanensis.
Historia da poboación Aínda que esta tartaruga foi relativamente pouco molestada polos baleeiros, cantidades bastante grandes dests tartarugas foron capturadas por expedicións na última metade do século XIX e inicios do XX. Despois da introdución das ratas negras (Rattus rattus) e ratas comúns (Rattus norvegicus)Rat eradication program begins in Galapagos Islands. Scientific American. (Consultsado o 2012-01-14.) algo despois de 1900, xa non se produciu ningunha reprodución natural. Desde 1965, os ovos foron transportados á Estación de Investigación Charles Darwin para que fagan eclosión e se críen. Un 75 % dos que foron liberados entre 1970 e 1990 conseguiron sobrevivir.Cayot 1994. Conservation biology of Galápagos reptiles: twenty-five years of successful research and management. In: J. B. Murphy, K. Adler, and J. T. Collins (eds.). Captive Management and Conservation of Amphibians and Reptiles, pp. 297–305. Ithaca, Nova York: Society for the Study of Amphibians and Reptiles. Contributions to Herpetology. vol. 11. . Actualmente hai uns 532 individuos coñecidos, que viven na parte suroeste da illa Pinzón.
Descrición Esta especie con coirazas con forma de sela é unha das tartarugas das Galápagos máis pequenas. A súa coiraza gris amarronada oblonga ten unha indentación cervical pouco profunda, a marxe anterior está pouco ou moito revirada para arriba, e as marxes posteriores están lixeiramene serradas, son anchas e están xiradas para arriba. A coiraza adoita estar comprimida ou estreitada pola parte anterior.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de subespecies da tartaruga das Galápagos
Bibliografía Pritchard, 1996 : The Galápagos Tortoises: Nomenclatural and Survival Status. Chelonian Research Monographs, No. 1, .
Categoría:Testudínidos Categoría:Animais descritos en 1917