Os Castelos Romanos (en italiano: Castelli Romani) son un conxunto de concellos da cidade metropolitana de Roma. Están situados a pouca distancia ao sueste da cidade de Roma, aos pés dos montes Albanos, no territorio correspondente ao antigo Lacio. Están situados nunha fértil zona volcánica que permitiu desde a antigüidade unha agricultura florecente. O antigo cráter está ocupado por dous lagos, Nemi e Albano.

A partir da antiga época romana, era unha zona frecuentada polos nobres de Roma polo seu clima máis fresco durante o verán; a tradición foi seguida polos Papas, que aínda teñen a súa residencia de verán en Castel Gandolfo, a carón do lago Albano. Entre as familias que gobernaron na zona están os Orsini, os Colonna, os Chigi, os Aldobrandini, os Savelli, os Annibaldi e os Ruspoli.

Concellos miniatura|O castelo Savelli en Rocca Priora. miniatura|O lago Albano; Castel Gandolfo vese ao fondo. Os concellos que forman parte dos Castelli Romani son:

Albano Laziale Ariccia Castel Gandolfo Colonna Frascati Genzano di Roma Grottaferrata Lanuvio Lariano Marino Monte Compatri Monte Porzio Catone Nemi Rocca di Papa Rocca Priora Velletri

Notas

Categoría:Lacio