O río Faramontaos, tamén chamado río Leborizo, é un curso fluvial da provincia de Ourense.
Percorrido Nace na vertente norte da serra do Larouco, en Vilamaior da Boullosa (Baltar). Discorre a carón de Niñodaguia e ten un pequeno encoro á altura de Gudín, onde fai de límite entre o concello de Baltar e o de Xinzo de Limia. Discorre por terreo chairo xunto a Faramontaos e Zos até a súa desembocadura no río Limia.
Aparece descrito no Dicionario xeográfico-estadístico-histórico de España e as súas posesións de Ultramar de Pascual Madoz.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Ríos da provincia de Ourense