Chelonoidis niger vicina é unha subespecie de tartaruga das Galápagos endémica da illa Isabela do arquipélago das Galápagos, onde vive na zona do volcán Cerro Azul. Nalgunhas clasificacións tratouse como especie co nome Chelonoidis vicina.

Historia da poboación Esta poboación sufriu unha gran redución pola súa captura por mariñeiros nos últimos 200 anos e por grandes matanzas nas décadas de 1950 e 1960 realizadas polos empregados das compañías gandeiras radicadas en Iguana Cove. Pénsase que a súa poboación se solapa coa de Chelonoidis niger guentheri.

Un estudo poboacional de 2023 realizado por Galápagos Conservancy estimou a poboación desta subespecie en 5275 individuos. Isto fai que sexa a terceira subespecie con maior poboación, detrás de Chelonoidis niger vandenburghi e Chelonoidis niger chathamensis

Polo menos unha autoridade suxeriu fusionar esta subespecie con C. n. vandenburghi, C. n. microphyes e C. n. guentheri como tartaruga de Isabela do sur (C. n. vicina), atribuíndo as diferenzas morfolóxicas a variacións xeográficas.Pritchard 1996. The Galapagos tortoises: Nomenclatural and survival status. Chelonian Research Monographs. (1):1–85

Descrición Ten unha coiraza grosa e pesada de forma intermedia entre a abovedadade e a en sela, e non está esteitada apreciablemente na parte anterior. Os machos son meirandes e con coiraza máis en forma de sela; a femias son de coiraza máis abovedada. Ata que se aplicaron programas de erradicación de animais invasores, virtualmente todos os niños e crías eran destruídos por ratas negras, porcos, cans e gatos.MacFarland 1974a. The galapagos giant tortoises (Geochelone elephantopus). I. Status of the surviving populations. Biological Conservation. 6(2):118–133

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de subespecies da tartaruga das Galápagos

Bibliografía Günther, 1875 : Descriptions of the living and extinct races of gigantic land–tortoises. Parts I and II. Introduction, and the tortoises of the Galapagos Islands. Philosophical Transactions of the Royal Society of London, , .

Categoría:Testudínidos Categoría:Animais descritos en 1875