miniatura|304x304px|Escudo de España durante o franquismo. Incorpora a faixa co lema «Unha Grande Libre», xunto con outros motivos heráldicos que se engaden aos do escudo tradicional de España (armas de Castela, León, Aragón, Navarra e Granada, e as columnas de Hércules coa faixa Plus ultra). Outros foron tomados do escudo dos Reis Católicos: a aguia de San Xoán e o xugo e as frechas que tamén tomou Falange. Os reis adoptáranos por coincidir coas iniciais de Isabel (do latín iugum) e Fernando. Os lemas do franquismo son os lemas cos que se resumía a ideoloxía da ditadura franquista. Aínda que tivo distintos compoñentes (tradicionalismo, nacionalcatolicismo, militarismo ou nacionalsindicalismo), utilizaba especialmente nas súas mobilizacións populares a ideoloxía falanxista. Considerábases moi axeitada para a súa plasmación en lemas, xa que mostraba unha certa aversión aos programas políticos e expúñase como máis partidaria do irracionalismo, a acción e a simplificación.A historiografía discutiu cales foron os seus trazos máis característicos. Para Stanley Payne, as súas ideas vagas e confusas (PAYNE, Stanley (1965) Sobre Falange Española. París: Ruedo Ibérico). Para S. Ellwood, o nacionalismo, o imperialismo e o irracionalismo (S. ELLWOOD (1984): Prietas las filas. Historia de la Falange Española, 1933-1985. Grijalbo (citados en ))

As ideas de Ellwood son citadas de xeito máis extenso neste texto universitario:

Tiveron a súa orixe na actividade de distintos partidos e intelectuais nacionalistas de dereita durante a Segunda República Española. Porén, a súa utilización xeneralizouse e demostrou a súa maior eficacia como elemento mobilizador, conformador e de propaganda do bando sublevado durante a guerra civil española. Ademais, foron constantemente usados como berros patrióticos durante o franquismo.Ademais da vitoria militar, foi un decisivo éxito propagandístico do bando sublevado a identificación co termo «nacional» e co mesmo concepto de España, prolongado durante a súa longa permanencia no poder en ausencia de toda discrepancia pública, alén da oposición clandestina.José Álvarez Junco: Mater Dolorosa. La idea de España en el siglo XIX (Premio Nacional de Ensaio 2002), e conferencias na Fundación Juan March sobre o mesmo asunto. No interior do réxime tampouco había unha cega adhesión a semellantes simplificacións, como probou o libro España como problema, do intelectual falanxista Pedro Laín Entralgo, contestado dende a máis ríxida ortodoxia por Rafael Calvo Serer, co seu España sin problema (ambos en 1949). Con todo, esta última era a única postura posíbel se o que se quería era manter algún grao de participación no poder: «adhesión inquebrantábel», como deixaba claro Luis Carrero Blanco, referíndose ao propio Franco e todo o que este encarnaba:Como reacción, desde a Transición non só se abandonaron os lemas e símbolos franquistas, senón que tamén decaeu o uso dos símbolos nacionais españois. Mesmo a propia referencia a «España» foi substituída decote por eufemismos como «este país», (expresión xa existente en tempos de Larra), mentres proliferaban os dos nacionalismos periféricos.Antonia María RUIZ JIMÉNEZ: «¿Y tú de quién eres? Identidad europea y lealtad a la nación»

Unha, grande e libre! «Unha, grande e libre!» consiste nunha simplificación nacionalista do concepto de España, que a define como:

«Indivisíbel»: nega a posibilidade de calquera separatismo ou mesmo descentralización territorial. «Imperial»: refírese ao imperio perdido en América e ao que se quería construír en África. «Non sometida a influencias estranxeiras»: alude á conspiración xudeu-masónico-comunista internacional, concretada na Unión Soviética, nas democracias europeas, nos Estados Unidos (até os acordos de 1953) ou no inimigo exterior que tocase en cada momento, así como na longa lista de elementos do interior que se cualificasen de antiespañois, vermellos, separatistas e liberais.

Interpretación. A tríada miniatura|300x300px|O monumento a Eugeni D'Ors en Madrid contén inscricións con fragmentos da súa obra, moitas delas referentes a lemas do franquismo. Non é casual a elección do número 3, de claro simbolismo teolóxico (a Santa Trindade: Pai, Fillo e Espírito Santo). Implicitamente compara España coas notas definitorias da Igrexa, que é «Católica, Apostólica e Romana» (romana, é dicir, unha; apostólica, é dicir escollida e xerárquica; e católica, é dicir universal).Eugeni D'Ors, nun texto moi lapidario que aínda pode verse en letras de grandes dimensións (todas maiúsculas e co uso de «V» por «U», como na epigrafía clásica) ante a Porta de Velázquez do Museo do Prado, fronte o Edificio dos Sindicatos Verticais que agora é Ministerio de Sanidade: Estas comparacións deben entenderse no contexto do nacionalcatolicismo, compoñente esencial da ideoloxía franquista, aínda que non da falanxista (ás veces mesmo o seu rival). Porén, Falange utilizábao como recurso retórico.

A expresión dun concepto que se pretende sublimar nun «lema trinitario» é moi habitual na Historia. Relacionouse nalgunha ocasión cos pobos indoeuropeos, que organizaban en tríadas os seus deuses e divisións sociais, dun modo similar á división en estamentos da sociedade medieval e do Antigo Réxime. Tamén son lemas trinitarios o da Revolución francesa «Liberté, égalité, fraternité» e algúns outros, como o da República Dominicana («Deus, Patria e Liberdade»), e no ámbito ideolóxico da dereita española, o do carlismo («Deus, patria, rei»).

Superando a categoría de lemas, como forma triádica de organización de categorías poden citarse as tamén falanxistas «unidades naturais da vida política» («Familia, Municipio e Sindicato»). Nun mundo intelectual oposto atópase o sistema hegeliano (tese-antítese-síntese) ou tríada dialéctica. miniatura|390x390px|Muro exterior da Catedral de Cuenca, cunha placa en homenaxe aos «Caídos por Deus e por España». miniatura|400x400px|Muro exterior da igrexa de Ferreruela (Zamora) cunha placa en homenaxe aos «Caídos por Deus e pola Patria».

Utilización O berro adoitaba utilizarse como resposta coral da multitude ao final dun discurso, nun xogo efectista e rutineiro que pechaba o acto e permitiría a ulterior dispersión da audiencia. A entonación dos berros chegou a ser coñecida como «os berros de ritual» nas recensións de prensa da época e nos documentos oficiais. O dirixente terminaba berrando tres veces: «España!», e a audiencia respondía a cada un dos berros sucesivamente «Unha!», «Grande!», «Libre!». Despois o dirixente gritaba «Arriba España!», respondendo a audiencia: «Arriba!». Con moita frecuencia lembrábase con outro berro a «José Antonio!», respondéndose «Presente!», e a todos os «Caídos por Deus e por España!», coa mesma resposta. Tamén se adoitaba engadir «Viva Franco!», ao que a audiencia respondía «Viva!». Se estaba presente o ditador e o acto era o suficientemente exaltado repetíase «Franco, Franco, Franco!» de xeito rítmico.

Cómpre sinalar que José Antonio Primo de Rivera, fundador de Falange Española, era chamado «o Ausente» desde a súa detención e posterior fusilamento en 1936, como tráxica negación a aceptar a súa morte. O devandito feito permitiu a Franco non substituílo por ninguén na xefatura de Falange, cousa que o consolidou na práctica como único Xefe.

Á súa vez, a expresión «Caídos por Deus e por España» encabezaba as placas de homenaxe colocadas ao final da Guerra Civil. Situábanse en miles de lugares seleccionados para cumprir funcións de «espazos da memoria», na maior parte das veces a igrexa principal da localidade. Baixo distintos símbolos, habitualmente unha cruz e o xugo e as frechas, incluían unha listaxe encabezada en todos os casos por José Antonio Primo de Rivera, xunto cos nomes dos mortos do bando sublevado da localidade. A listaxe adoitaba terminar cun marcial «Presentes!».

Orixe A orixe do berro «Unha, grande e libre!» adoita remontarse ao 18 de xullo de 1932 (curiosamente, xusto catro anos antes do comezo da guerra civil).Gustavo Morales, op. cit. Publicouse un artigo que propuña ese lema no número 58 da revista Libertad, de Onésimo Redondo, creador das Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista, logo integradas en Falange, xunto con Ramiro Ledesma. Ledesma editara outra revista de orientación fascista, La Conquista del Estado, e segundo outras fontes atribúeselle a autoría do lema (a el mesmo ou ben ao seu colaborador máis próximo, Juan Aparicio).«Ramiro Ledesma, un precursor del nacionalsindicalismo» , orixinalmente en Forja, n.º 3, 15 de outubro de 1969. Nesta outra descrición dos «cuarteis e símbolos» do escudo de España na época de Franco, o lema tamén se atribúe a Ramiro Ledesma, e dáse unha xustificación das súas tres partes:

A atribución a Juan Aparicio, en filosofia.org Terminaba con esta frase:En realidade, no número 49 da mesma revista (16 de maio de 1932) xa se explicitaba o berro: O mesmo ano Onésimo Redondo participou no golpe de estado frustrado do xeneral Sanjurjo o 10 de agosto. Exiliouse en Portugal, desde onde seguiu a colaborar noutra revista da mesma orientación, continuación de Libertad, que se chamou Igualdad.

Unha patria, un estado, un caudillo Aínda que o lema Unha, Grande e Libre! foi o que máis se estendeu durante a ditadura, a tríada Unha Patria, Un Estado, Un Caudillo foi utilizada con profusión entre 1936 e principios de 1940. O seu difusor foi José Millán-Astray, fundador da Lexión e home da absoluta confianza de Franco, a quen reverenciaba. Os primeiros meses da guerra percorreu as zonas controladas polas tropas sublevadas, singularmente as provincias castelás e Navarra. Serviu a causa persoal de Franco e promocionouno entre a tropa e a oficialidade como líder indiscutíbel (daquela Franco era un membro máis da Xunta de Defensa Nacional). Ao seu berro de Viva a morte!, uniu o de Unha patria, un Estado, un Caudillo, adaptación do lema da Alemaña nazi, Ein Volk, ein Reich, ein Führer («un pobo, un imperio, un líder»). Cando a Xunta de Defensa pasou a converterse na Xunta Técnica do Estado e Franco foi nomeado Xefe do novo Estado, a publicación do lema fíxose obrigatoria como encabezamento en todos os diarios da zona sublevada e nos cartóns postais de campaña.

A oposición aos lemas Como lembra Antón Reixa nun artigo de opinión, durante a ditadura a ironía popular respondía cunha réplica satírica: «España é unha (porque se houbese outra, estariamos todos na outra)».

De xeito máis discreto, cando se coreaban cada unha das tres partes do berro, había quen facía unha mostra de oposición ao franquismo marcando ou insistindo cun maior volume na terceira parte («Libre!»). Esta insistencia no punto referente á liberdade descríbese nas escenas do filme Las trece rosas (2007) que transcorren no Cárcere de Ventas, onde esperan a sentenza de morte un grupo de mozas novas en 1939. Paradoxalmente, unha das razóns polas que foran detidas era por distribuír propaganda cun lema opositor Menos Franco e máis pan branco, que pode entenderse como resposta tanto aos berros de Franco, Franco como a unha frase deste que se usaba como propaganda franquista: Nin un fogar sen lume nin un español sen pan. Esta frase mesmo se imprimiu nas bolsas con pan con que nalgunhas ocasións se «bombardeou» a retagarda republicana durante os últimos episodios da guerra.

Existe unha canción en catalán de Joan Manuel Serrat (Temps era temps) que, falando da posguerra, refírese a ela como «tempo do Unha, Grande e Libre!»

Arriba España! miniatura|339x339px|Medalla conmemorativa da vitoria na Guerra Civil O berro de «Arriba España!» converteuse en obrigatorio durante a Guerra civil no bando sublevado, así como na entrada das comunicacións escritas. A data debía citarse co ano ordinario ao que se engadía a postila de I, II ou III Ano Triunfal (comezando o 18 de xullo: 1936-37, 1937-38 ou 1938-39). Tamén se utilizaba en moitas publicacións.