Syms Covington (1816–1861) foi un violinista e grumete no barco HMS Beagle que se converteu en asistente de Charles Darwin e foi asignado como o seu servente persoal en 1833, continuando ao servizo de Darwin despois da viaxe ata 1839. Chamado orixinalmente Simon Covington, naceu en Bedford, Bedfordshire, Inglaterra, fillo máis novo de Simon Covington V e Elizabeth Brown. Despois da viaxe de Covington no Beagle, emigrou a Australia e estableceuse como xefe de correos, casando alí con Eliza Twyford.
Viaxe do Beagle Cando tiña 15 anos, Syms Covington converteuse en "violinista e mozo da cabina de popa" na segunda viaxe do HMS Beagle,En xullo de 1832 Darwin copiou unha lista de quendas onde aparecía a tripulación e os seus postos, barco que saíu de Inglaterra o 27 de decembro de 1831 baixo o mando do capitán Robert FitzRoy.
Covington levaba un diario da viaxe, e en setembro de 1832 en Bahía Blanca en América do Sur anotou a vida silvestre coa que se atoparon alí, incluíndo ovos de ñandú, e ósos fósiles xigantes de megaterio, que foron recollidos e enviados a Inglaterra. Non está claro se axudou a Charles Darwin neste traballo, pero o relato posterior de FitzRoy suxire que tanto Darwin coma Covington trabllaron na escavación dos fósiles, e o 3 de novembro Darwin preparou roupa para que a levara Covington.
O 29 de abril de 1833, Darwin e Covington baixaron a terra e establecéronse na costa en Maldonado, Uruguai, mentres que o Beagle navegou a outra parte para facer traballos de exploración., Despois dunha excursión no interior que durou doce días, pasaron varias semanas en Maldonado preparando as coleccións para envialas a Inglaterra. Nunha carta enviada a casa empezada a escribir o 22 de maio, Darwin dicía ao seu pai que decidira tomar a Covington como servente
El estivera pensando sobre isto durante algún tempo, pero non consultara aínda co capitán. Nunha engadido a estsa carta, datada o 6 de xullo, Darwin anunciou que FitzRoy estaba de acordo, e había un aforro inesperado:
Ademais de traballar como servente e amanuense xeral, e escribir os rexistros das investigacións de Darwin, Covington converteuse no axudante de Darwin como colector, cazador e taxidermista. Ademais das súas funcións, Covington levaba un diario persoal sobre as súas impresións da viaxe. O seu diario inclúe o relato de cousas que van desde as tarefas diarias mundanas ata impresións sobre as terras e persoas que encontraban, e proporciona unha perspectiva alternativa ao suplemento ao Journal and Remarks de Darwin, mellor coñecido como The Voyage of the Beagle.
Retorno, traballo para Darwin e emigración Unha vez que o Beagle tornou a Inglatera en 1836, Covington converteuse no servente de Darwin e continuou cos seus deberes como amanuense xeral. A súa propia colección de espécimes de aves era de valor incalculable para establecer as relacións dos pimpíns de Darwin con cada unha das illas Galápagos porque, a diferenza de Darwin, el tivera coidado de etiquetar onde recollera cada espécime.
Covington seguiu ao servizo de Darwin ata o 25 de febreiro de 1839. Despois decidiu emigrar, e Darwin deulle unha carta de referencias persoal datada o 29 de maio de 1839.
Vida en Australia Os rexistros indican que Covington desembarcou en Sidney en 1840, casou con Eliza Twyford que vivía en Stroud, unha pequena vila do norte de Nova Gales do Sur. Eliza Twyford procedía de Londres e viaxara a Australia coa súa familia en 1832 no barco Princess Royal como colono libre. Covington puido recorrer ás súas conexións navais para encontrar traballo, e en 1843 estaba traballando no depósito de carbón de Sidney da Australian Agricultural Company. Arredor de 1844 a familia, cos seus primeiros dous fillos, aceptou a invitación do capitán Lloyd e trasladouse á propiedade da costa sur en Pambula, que Lloyd recibira en lugar dunha pension da Royal Navy.
Covington continuou tendo correspondencia con Darwin, quen lle enviou como agasallo unha trompetiña nova para o oído para a xordeira en aumento que viña padecendo Covington. A súa xordeira puido ser o resultado dos fortes estoupidos das escopetas usadas para recoller espécimes. En resposta a unha petición de espécimes australianos de Darwin, Covington e o seu fillo máis vello recolleron gran canidade de percebes na veciña Twofold Bay. A carta de Darwin do 23 de novembro de 1850 expresaba a súa alegría por recibir unha caixa con espécimes, que incluían especies moi pouco comúns. Isto contribuíu aos amplos estudos sobre percebes que lle deron a Darwin unha boa reputación como biólogo.
Covington converteuse en xefe de correos de Pambula en 1854, e rexentaba unha pousada chamada a Forest Oak Inn construída na estrada da costa sobre a chaira aluvial onde o primeiro municipio de Pambula fora repetidamente danado por cheas do río. A súa pousada orixinal obtivo licenza en 1855, e o edificio que aínda está en pé construíuse no mesmo sitio aproximadamente un ano despois. En 1848 el e a súa muller tiñan xa oito fillos, dos cales seis eran nenos e dúas nenas. En 1861 Covington morreu de "parálise" con só 47 anos de idade. A súa viúva seguiu rexentando a pousada, e posteriormente fíxoo o seu segundo marido Llewelyn Heaven. A licenza foi adquirida por John Behl arredor de 1864, e o edificio pasou a chamarse The Retreat en 1895. Foi usado como consulta médica e máis recentemente como restaurante tai, e o seu tellado de estaño vermello e chemineas dobres poden aínda verse nunha curva pechada da estrada principal da costa.
Legado Libros que tratan de Covington "The Journal of Syms Covington, Assistant to Charles Darwin Esq." foi discutido por Jonathan Hodge e Gregory Radick en The Cambridge Companion to Darwin.
En 1998 o autor australiano Roger McDonald publicou unha novela baseada na vida de Syms Covington ao seu traballo para Darwin, titulada Mr Darwin's Shooter.
O libro para nenos Darwin's Dragons de Lindsay Galvin nárrase desde a perspectiva ficcionalizada de Syms Covington.
Representado nunha película Covington foi representado por Sam Downes na película de 2009 The Voyage that Shook the World.
Conmemoración En novembro de 2023 anunciouse que Syms Covington era unha das 14 persoas, lugares e eventos conmemorados na segunda rolda de colocación de placas azuis patrocinadas polo Goberno de Nova Gales do Sur.
Notas
Véxase tamén Bibliografía .
.
Ligazóns externas Capítulo 4 do diario de Covington Capítolo 7 dodiario de Covington
Categoría:Mariñeiros Categoría:Nados en 1816 Categoría:Finados en 1861