Mafalda é un grupo musical que naceu no 2010 cunha combinación musical de ska, reggae, funk e hardcore. A banda está formada actualmente por 9 membros. As letras que presenta son combativas, de crítica social e feminista, entre outras, e combina as súas cancións ao mesmo tempo con diferentes linguas como o catalán en valenciano, o éuscaro, o castelán, o inglés, etc.

En 2012 presentaron o seu primeiro traballo, chamado Música Basura, con 12 cancións como "Bombas Violetas" ou "Consumista", que tratan temas políticos como a crise ou as clases sociais. En 2014 presentaron o novo EP Nos Deben una Vida coa canción "En Guerra", coa que gañaron fama, que mostra unha lírica feminista e reivindica o lugar da muller na sociedade. En 2016 publicouse o seu álbum La Última Vez Que Te Escucho, ao que se engadiron dous novos membros á banda e no que se tratan temas como a liberdade, Palestina, Siria, o cambio climático, o consumismo, etc. En 2018 presentaron Palabras Forman Caos, cun estilo máis elegante. Inda que consideraron tomarse un descanso, en tempos de pandemia decidiron continuar e presentaron o seu último traballo en 2020 Les Infelices.

Notas

Categoría:Grupos musicais da Comunidade Valenciana