O apeadoiro de Lamas é un apeadoiro ferroviario situado en Lamas, no concello de San Sadurniño. Forma parte da rede de vía estreita operada por Renfe a través da división comercial Renfe Proximidades AM. Dispón de servizos de Proximidade da liña C-1 (antiga liña F-1 de FEVE e C-1f de Renfe Feve), entre Ferrol e Ortigueira. Tamén dispón de servizos rexionais da liña R-1f entre Ferrol e Oviedo, así como servizos parciais entre Ferrol e Ribadeo denominados R1a.
Situación ferroviaria Atópase no punto quilométrico 21,06 da liña férrea de ancho métrico que une Ferrol con Xixón a 176 metros de altitude. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia O ferrocarril de vía estreita chegou á cidade de Ferrol o 1 de febreiro de 1962, tras concluírse o tramo Ferrol-Santa María de Mera. O Estado foi o encargado de realizar unhas obras que pretendían unir Ferrol con Xixón seguindo a costa cantábrica, algo que non sucedeu até o 6 de setembro de 1972. Culminaba desa forma un proxecto iniciado en 1886.
A xestión da estación e a explotación do servizo recaeron en mans de FEVE ata que en 2013 a explotación foi atribuída a Renfe Operadora e as instalacións a Adif.
Servizos ferroviarios
Rexionais Os trens rexionais que unen Ferrol e Asturias teñen parada na estación. O traxecto é directo se se pretende viaxar a Oviedo, mais se o destino final é Xixón cómpre facer un transbordo en Pravia.
Proximidades Dispón de servizos de proximidade da liña C-1 de núcleo de proximidade Ferrol, que cobren o traxecto Ferrol-Ortigueira a razón dun tren cada 15-30-60 minutos en días laborables, dándose a maior frecuencia en hora punta. O número de trens redúcese notablemente as fins de semana e festivos.
Notas
Lamas Categoría:San Sadurniño