A estación de Burela é unha estación de ferrocarril situada en Burela, no concello de Burela. Forma parte da rede de vía estreita operada por Renfe a través da división comercial Renfe Proximidades AM. Dispón de servizos rexionais da liña R-1f entre Ferrol e Oviedo, así como servizos parciais entre Ferrol e Ribadeo denominados R1a.

Situación ferroviaria Atópase no punto quilométrico 112,71 da liña férrea de ancho métrico que une Ferrol con Xixón a 25 metros de altitude. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia As instalacións abríronse ao tráfico o 22 de xuño de 1968, coa apertura do tramo Viveiro-A Veiga. O Estado foi o encargado de realizar unhas obras que pretendían unir Ferrol con Xixón seguindo a costa cantábrica, algo que non sucedeu até o 6 de setembro de 1972. Culminaba desa forma un proxecto iniciado en 1886.

A xestión da estación e a explotación do servizo recaeron en mans de FEVE ata que en 2013 a explotación foi atribuída a Renfe Operadora e as instalacións a Adif. Pegada á estación de ferrocarril está a estación de autobuses da vila.

Servizos ferroviarios Rexionais Os trens rexionais que unen Ferrol e Asturias teñen parada na estación. O traxecto é directo se se pretende viaxar a Oviedo, mais se o destino final é Xixón cómpre facer un transbordo en Pravia.

Notas

Burela Categoría:Burela