O mestrescola foi unha dignidade das igrexas catedrais ou colexiais encargada de ensinar as ciencias eclesiásticas. En España, segundo o artigo 13 do Concordato de 1851, era a quinta cadeira post pontificalem de todas as igrexas, así metropolitanas coma sufragáneas.
Malia que, segundo o Concilio de Trento, o título de mestrescola só debía outorgarse a doutores, mestres ou licenciados nas Sagradas Escrituras ou en Dereito Canónico, esta disposición non chegou a cumprirse, ofrecéndose o cargo a calquera eclesiástico.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Catolicismo