é a cidade máis meridional da illa de Hainan, unha das catro cidades-prefectura da provincia de Hainan, no sur da China. Trátase dun importante destino turístico con grandes complexos para as vacacións. No seu territorio atópase a barreira de coral de Sanya, unha reserva natural protexida dunhas 4 000 hectáreas. A illa Fénix, unha illa artificial cun hotel de sete estrelas (un dos poucos no mundo) e varios de cinco estrelas, sitúase na baía de Sanya. O Guanyin de Nanshan, a décimo terceira estatua máis alta do mundo, está tamén en Sanya.

A data de 2024, a poboación de Sanya era de 1 116 100 habitantes, cunha área de 1 919,58km2. Na súa área metropollitana viven unhas 818 000 persoas. Ten unha pequena poboación de etnia utsul, que carece de recoñecemento oficial no país, clasificándose xunto cos hui.

A cidade é coñecida polo seu clima tropical e como destino turístico. Así mesmo, é o lugar de adestramento do equipo nacional de voleibol praia da China. Destaca asemade pola base naval de Yulin, un importante centro militar no mar do sur da China, onde se atopa a frota de mísiles nucleares balísticos da Armada do Exército Popular de Liberación.

Historia Época dinástica Coñecida como Yazhou na antigüidade, a historia de Sanya remóntase á dinastía Qin. Debido ao seu afastamento do centro político do imperio, era tamén chamada Tianya haijiao (en ), a fin do mundo. Así, a cidade serviu como lugar de exilio para os oficiais caídos en desgraza.

Durante o goberno dos Tang, un monxe budista desembarcou accidentalmente na zona, que acabou usando como posto de parada na súa viaxe como misioneiro ao Xapón.

Século XX En 1912 Yazhou pasou a coñecerse como Yaxian. En 1958 a administración de Yaxian trasladouse de Yacheng a Sanya, e Yaxian uniuse a Baoting, Lingshui, Niulou, Xinglong e Wanning para formar un condado maior. En 1959 e 1961, estas áreas separáronse para fundar as actuais Baoting e Lingshui, namentres Yaxian permaneceu na súa actual prefectura. En 1987 o consello de estado da China estableceu oficialmente a cidade de Sanya.

Notas

Categoría:Wikipedia:Artigos con coordenadas en Wikidata Categoría:Cidades da China Categoría:Cidades-prefectura