Eslovenia posúe a economía máis próspera de tódolos estados membros que se uniron á Unión Europea no 2004 e no 2007, cun PIB per cápita de 23.250$ no 2006. A relativamente alta inflación do país caeu do 3.,6% no 2004 ó 2,3% no 2006, sendo hoxe en día comparable á de tódolos países membros. Nos últimos anos a economía de Eslovenia comezou a medrar cun ritmo moito máis forte (5,2% nos primeiros 9 meses do 2006, 4.0% no 2005, 4.4% no 2006 e 4.8% no 2007 segundo estimacións), do que o facía no 2003 (2,7%).

Durante o 2000, seguiron tendo lugar as privatizacións nos eidos da banca, telecomunicacións, e servizos públicos. As restricións dos investimentos estranxeiros estanse a desmantelar, agárdase que o investimento estranxeiro (FDI) medre nos próximos anos. Eslovenia é o único dos 12 novos membros que adoptou o Euro, o 1 de xaneiro do 2007, e foi ademais o primeiro novo membro en ter a Presidencia do Consello da Unión Europea, concretamente na primeira metade do 2008.

Notas

de:Slowenien#Wirtschaft