John Henry Gurney Jr., nado o 31 de xullo de 1848, finado o 8 de novembro de 1922, foi un ornitólogo inglés da familia Gurney.

Orixe familiar Naceu en 1848 en Easton Lodge, Easton, Norfolk,Norfolk, England, Church of England Births and Baptisms, 1813–1915 fillo de John Henry Gurney Sr. e a súa segunda curmá Mary Jary Gurney. Estudou na Harrow School.

Carreira Durante un breve período Gurney traballou no banco de Messrs. Backhouse en Darlington, pero pasou a maior parte da súa vida en Nofolk. En Norfolk era coñecido como terratenente e cabaleiro do país. Tomou parte importante en obras relixiosas e filantrópicas locais.

Foi High Sheriff de Norfolk en 1894. No momento da súa morte era un Xustiza da paz (Justice of the Peace, oficial xudicial) e un Deputado Tenente (Deputy Lieutenant, representante da Coroa) para Norfolk.

Ornitólogo O seu pai, John Henry Gurney Sr., aínda que foi político probablemente era mellor coñecido como ornitólogo, razón pola que John Henry júnior foi criado desde moi pequeno no coñecemento e amor polas aves.

John Henry Gurney Jr. chegou a ter unha reputación internacional como ornitólogo. Foi elixido membro da Sociedade Zoolóxica de Londres en 1868, membro da Unión de Ornitólogos Británica en 1870 e membro da Sociedade Linneana de Londres en 1885.

Tamén mostrou un grande interese pola ornitoloxía local. Foi sempre un xeneroso partidario das Sociedades de Protección das Aves Silvestres. Foi un dos membros orixinais da Sociedade de Naturalistas de Norfolk e Norwich, que se fundou en marzo de 1869.H. F. Witherby (ed): British Birds. Londres, Witherby & Co, 1907 p.244

Matrimonio e familia John Henry Gurney Jr. casou con Margaret Jane Gurney (1851-1940) o 25 de outubro de 1876 na igrexa de St Marylebone, Westminster, Londres.London Metropolitan Archives; Londres, Inglaterra; Número de referencia: p89/mry1/249 Margaret era tamén a súa segunda curmá, filla de Henry Edmund Gurney (1821-1905) e Jane nacida Birkbeck (1828-1888). Tiveron un fillo e tres fillas: Gerald Hudson Gurney (1880-1934) Agatha Gurney (1881-1937) Cecily Jane Gurney (1884-1958) Margaret Editha Gurney (1886-1981)

Obras

A primeira contribución escrita de Gurney á ornitoloxía foi unha carta á revista The Ibis sobre anduriñas que se publicou en 1866. As súas publicacións máis importantes son:

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1848 Categoría:Finados en 1922 Categoría:Ornitólogos do Reino Unido