A praia de Aguete é unha praia galega localizada no municipio de Marín, na provincia de Pontevedra. Ten unha extensión de 920 metros e está localizada na ría de Pontevedra, a 10 km de Pontevedra.

Descrición É unha praia de media cuncha na ría de Pontevedra, preto da vila de Marín. Nas proximidades fica o porto de Aguete, onde moitos barcos están ancorados, así como o porto deportivo de Aguete e o Real Club de Mar de Aguete. A area é dourada e a praia está protexida dos ventos, con augas calmas e axeitadas para deportes acuáticos: esquí acuático, vela, moto acuática, wíndsurf e patín de pedais.

A praia conta coa distinción de Bandeira Azul.

Acceso Desde Pontevedra, pódese tomar a estrada costeira PO-12 e PO-11 en dirección a Marín. En Marín, tómase a estrada PO-551 e, no final da área cercada da Escola Naval, a pequena estrada que leva á praia.

Galería de fotos

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto. Madrid: El País-Aguilar. ISBN 978-8403509344. P. 139-140. Outros artigos Marín Ría de Pontevedra Rías Baixas Praia de Mogor Praia do Lérez Praia de Portocelo

Ligazóns externas Praia de Aguete na web Turismo de Galicia

Categoría:Bandeira Azul Aguete