Jeffrey James North, nado en Brighton, East Sussex, o 17 de xaneiro de 1920 e finado en Worthing, West Sussex, o 31 de marzo de 2016, foi un numismático inglés."North, Jeffrey James (1920-2016)". British Numismatic Society (Britnumsoc.org).

Traxectoria

Primeiros anos e formación Jeffrey James North, nado en Brighton en 1920, fillo dun encadernador, acadou unha bolsa para cursar o seu ensino secundario na Varndean Boys' Grammar School, onde se graduou en 1937.Eaglen, R. (2016). Páxina 283."Jeffrey James North". Numista.com

Traxectoria profesional Iniciou a súa actividade laboral incorporándose ao Barclays Bank en Brighton con tan só 17 anos, aínda que en 1940 foi recrutado durante a segunda guerra mundial. Ascendeu a oficial dous anos máis tarde e logo participou na campaña de Tunisia, mais unha doenza obrigouno a retirase do servizo activo e foi destinado ao Cuartel Xeral das Forzas Aliadas en Italia ata a fin da contenda, e en 1946 reincorporouse ao Barclays Bank, onde ficou ata a súa xubilación en 1979.

Dedicación á numismática Co seu retiro da vida activa, North dedicouse de cheo ao estudo da numismática, unha disciplina que xa lle viña interesando desde a súa infancia. Xa na década de 1950 destacou polos seus primeiros estudos sobre a moeda inglesa cuñada a martelo ata 1660, un tema que máis tarde sería obxecto das súas publicacións máis sobranceiras. En setembro de 1957 uniuse á British Numismatic Society (BNS). Nesa época relacionouse con numismáticos relevantes, como Michael Dolley e Christopher Blunt.

No ámbito da numismática, North publicou numerosos artigos no xornal da (BNS), o British Numismatic Journal, en tanto que para as comunicacións máis breves se valeu de Spink Numismatic Circular. É de sinalar a súa colaboración con Peter P. Morley en 1984 no volume 33 da serie Sylloge of Coins of the British Isles (SCBI).

A British Numismatic Society instituíu dous premios na memoria de North, dotados cos fondos provenientes dunha importante doazón de fondos feita por el á Sociedade en 2006: o Premio North ao mellor libro, de carácter bienal, e a Medalla Jeffrey North polos servizos á numismática.Eaglen, R. (2016). Páxina 284."Society Medals". British Numismatic Society (Britnumsoc.org).

Jeffrey North foi tamén coleccionista de moedas. Inicialmente creou unha notable colección de moeda eduardiana de prata, que foi publicada por el en 1989 no volume 39 do Sylloge of Coins of the British Isles. Logo de vender esta colección, North dedicouse a coleccionar moedas chinesas fundidas de cobre, e esta colección foi doada ao Museo Fitzwilliam, da Universidade de Cambridge, pouco antes do seu falecemento.

Vida persoal Na súa estadía en Alxeria durante a guerra coñeceu a que sería a súa primeira muller, Janine, con quen casou en 1944. Ambos tiveron un fillo Jeffrey North, un recoñecido lingüista. En segundas nupcias casou cunha muller chamada Shirley.

Jeffrey James North finou en Worthing o 31 de marzo de 2016 aos 96 anos.

Recoñecementos

1994: Premio Lhotka, da Royal Numismatic Society."The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society (Numismatics.org). 1995: Medalla Sanford Saltus, da British numismatic Society."Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.

Publicacións Estas son algunhas das publicacións de Jeffrey North máis salientables:Thompson, R. (2016). "Publications of Jeffrey James North (1920-2016)". En British Numismatic Journal. 86. British Numismatic Society. Páxinas 283-284.

Monografías (1960). English Hammered Coinage. Volume II. Edward I to Charles II. 1272−1662. Spink & Son, Londres. (1963). English Hammered Coinage. Volume I. Early Anglo-Saxon to Henry III. c.650−1272. Spink & Son, Londres. (1968). The coinages of Edward I & II. Spink & Son, Londres. (1984). The John G. Brooker Collection. Coins of Charles I. Sylloge of Coins of the British Isles. Vol. 33 (con P. J. Preston-Morley). Spink & Son, Londres. ISBN 9780907605126 (1989). The J. J. North Collection. Sylloge of Coins of the British Isles. Vol. 39. Spink & Son, Londres. ISBN 9780197260753

Escolma de artigos

(1966). "The Broughton hoard". En British Numismatic Journal. Vol. 35. Páxinas 120-127. (1982). “An unpublished farthing of Edward I”. En British Numismatic Journal. Vol. 52. Páxinas 242-243. (1988). “A re-examination of classes 7 and 8 of the Short Cross coinage”. En British Numismatic Journal. Vol. 58. Páxinas 25-39. (1990). “Edwardian Sterlings From Lochmaben, Blackhills and Mellendean Reclassified” (con Ian Stewart, Lord Stewartby). En The Numismatic Chronicle. Vol. 150. Páxinas 179-204. (1996). “Some imitations and forgeries of the English and Irish Long Cross pence of Henry III - Corrected Catalogue" En British Numismatic Journal. Vol. 66. Páxinas 117-122.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Eaglen, R. (2016). "Obituaries: Jeffrey James North (1920-2016)". En British Numismatic Journal. 86. British Numismatic Society. Páxinas 283-284.

Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Nados en East Sussex Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla Sanford Saltus Categoría:Galardoados co premio Lhotka Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes