O Club Deportivo Soutomaior é un club de fútbol do concello de Soutomaior, fundado en 1974. Xoga os seus partidos de fútbol como local no campo municipal Graciano Padín. Na tempada 2026/27 compite na Primeira Futgal, a sétima categoría de fútbol en España e a segunda de carácter galego.

Historia O Club Deportivo Soutomaior fundouse en 1974 baixo a denominación inicial de Club Deportivo Verdugo, se ben na tempada 1977/78 o club adquiriu a denominación actual. En 2026 o presidente é José Manuel Amoedo “Louro”.

Estadio miniatura|Partido entre o Cerponzóns CF e o Soutomaior no campo de Chan do Monte, en 2023. O Club Deportivo Soutomaior xoga os seus partidos como local no Campo Municipal Graciano Padín, preto do lugar da Montesiña. É de herba sintética, ten unhas dimensións de 100 x 62 m e capacidade para 720 persoas.

En 2024 acometeuse unha reforma que incluíu o arranxo do acceso principal e actuacións nos vestiarios. En 2025 renováronse o sistema de rego, as porterías e outros elementos exteriores do campo.miniatura|Campo de fútbol Graciano Padín.|centro Notas

Véxase tamén Outros artigos Club Deportivo Arcade

Categoría:Deporte en Soutomaior Soutomaior