miniatura|A cruz de salgueiro, 1899, de Xesús Rodríguez López. A literatura galega do período intersecular refírese á creación literaria producida durante o ocaso do século XIX e os albores do XX.

O período intersecular miniatura|Divino sainete de Curros, publicado en 1888. Realmente, é bastante complicado delimitar cando comeza a etapa intersecular e cando finaliza o Rexurdimento, posto que os movementos literarios non desaparecen da noite para a mañá, senón que precisan dun proceso de degradación. Normalmente, temos datas de acontecementos históricos que marcan o inicio simbólico de cada fase das nosas letras, mais non ocorre o mesmo neste caso. Ademais, non todos os xéneros comezarán o proceso de decaemento ao mesmo tempo (é máis, o teatro apenas sufriu esta decadencia nesta época).

Por este motivo, para non crear unha interrupción artificial entre o teatro e a prosa do Rexurdimento e do período intersecular, remontarémonos no tratamento deste dous xéneros á fin do Rexurdimento (en 1880 a narrativa, en 1882 a dramática).

No caso da poesía, iniciaremos a literatura "entre dous séculos" en 1888, ano da publicación d'O divino sainete, de Manuel Curros Enríquez, posto que é a última obra poética publicada por un dos tres grandes mestres do Rexurdimento.

Contexto histórico miniatura|300px|Obreiros galegos ao servizo da Edison Portland Cement Company de New Village, Nova Jersey, en 1910. A Galiza de fins do século continuaba a padecer o atraso económico de comezos desta centuria, o cal provocou que se mantivese (e incluso se incrementase) o índice de emigración.

No tocante ao campesiñado, o final do século XIX e o principio do XX estivo marcado pola crise agraria finisecular, a cal vén derivada da competencia do gando americano que o gando galego comezou a sufrir nesta época.

Por outra parte, a estrutura social vai estar marcada pola decadencia da clase fidalga, a cal será xenialmente narrada, xa andando o século XX, nas novelas históricas de Ramón Otero Pedrayo. Ademais, contaremos neste espazo de tempo cunha certa "desruralización" de Galiza, posto que teremos un incremento do proceso mediante o cal a poboación rural vai mudando a "vida campestre" pola "vida urbana".

En 1891, tiveron lugar os Xogos florais de Tui, nos cales Manuel Murguía usou por primeira vez a lingua galega nun acto público (salvando a etapa medieval, na que o galego era usado en todo tipo de actos). Mais estes Xogos Florais marcarán tamén a fin do auxe dos Xogos Florais, eventos que se viñan celebrando desde 1861 e, arredor dos cales, fora rexurdindo o sistema literario galego. E, se o idioma foi utilizado por vez primeira nun acto público en 1891, en 1907 será empregado por primeira vez nun discurso político impartido por Manuel Lugrís Freire.

Foi a partir de 1907 cando xurdiron as Revolucións Agrarias (ou agrarismo), coa fundación do sindicato agrario Solidaridad Gallega. O relixioso Basilio Álvarez foi a principal figura política deste movemento e, Ramón Cabanillas, a literaria. O agrarismo pasou desde 1907 por varias fases (concretamente catro), e non finalizou ata 1936, co inicio da guerra civil.

A primeira guerra mundial (1914-1919) tivo fortes repercusións en Galiza, xa que freou enormemente os índices de emigración, malia que España foi neutral neste conflito bélico.

A poesía Despois do auxe poético do Rexurdimento, o xénero lírico vai comezar a sufrir unha certa decadencia nesta etapa. O número de publicacións poéticas (e literarias) vai ir decrecendo progresivamente conforme nos acheguemos ao século XX. Os poetas interseculares utilizarán e abusarán os recursos e temáticas propias dos mestres da literatura galega do Rexurdimento (Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal), ata o punto de chegar a esgotalos.

Un dos máis destacados autores poéticos desta etapa será Antonio Noriega Varela, quen terá relación persoal e influencia literaria con outro dos grandes versificadores deste período: Manuel Leiras Pulpeiro. De feito, segundo Ricardo Carvalho Calero, Noriega e Leiras repartiron o territorio a cantar como se fosen dous señores feudais, posto que Leiras Pulpeiro será o cantor da mariña e, Noriega Varela, o da montaña. En Noriega, por outra parte, acharemos a influencia do saudosismo portugués e de escritores lusos como Teixeira de Pascoaes, Antero de Quental, Guerra Junqueiro ou Eugénio de Castro.

miniatura|Ramón Cabanillas. Mais, o grande creador lírico desta época intersecular vai ser Ramón Cabanillas. Se ben é certo que o "Poeta da Raza" é encadrado normalmente (e con bastante criterio) como un dos grandes escritores da época das Irmandades da Fala, non é menos verdadeiro que o versificador cambadés comezou a súa carreira literaria neste período intersecular (o seu poemario No Desterro data de 1913, e Vento Mareiro foi publicado en 1915). Cabanillas será o renovador da poesía (debido á súa influencia do modernismo, corrente iniciada polo nicaraguano Rubén Darío), mais sen perder de vista a tradición anterior (sobre todo Rosalía de Castro).

Finalmente, temos que dicir que a poesía intersecular, contou basicamente con tres liñas temáticas que continúan coa tradición poética do século XIX: Costumismo: toma como modelo a Rosalía de Castro pero acaba caendo no pintoresquismo, entre os autores máis destacados están Manuel Leiras Pulpeiro e Francisca Herrera Garrido Historicismo: toma como modelo a Eduardo Pondal, caracterízaos un ton intemporal e un estilo sobrio. Entre os autores salientan Florencio Vaamonde Lores, ou Evaristo Martelo Paumán Poesía civil: toma como modelo a Manuel Curros Enríquez e caracterízanse pola denuncia da inxustiza, entre os autores máis salientables están Manuel Lugrís Freire ou Alberto García Ferreiro.

Xunto a estas tres liñas temáticas principais tamén agroman outras liñas máis minoritarias: Presenza do modernismo: pese a que a literatura galega non contou cunha poesía propiamente modernista, si achamos a influencia desta corrente en autores como Ramón Cabanillas, Antonio Noriega Varela, Antonio Rey Soto,... Antecesores do neotrobadorismo: pese a que tendeu a dicirse que a corrente neotrobadoresca nace en 1926, co poema de Fermín Bouza-Brey Lelias ao teu ouvido, os antecedentes do neotrobadorismo remóntanse ao período intersecular, sobre todo a partir dunha conferencia impartida por Manuel Murguía en 1905 e titulada Los trovadores gallegos. Xa en 1905 publicara Eduardo Pondal o texto Ao jeito de Johan Zorro, poema de clara filiación neotrobadoresca. En 1911, un dos grandes poetas do século XX catalán, Carles Riba, escribiu en galego Cantigas de Amor e de Amigo (aínda así, a obra non se publicou ata 1991. E, 1916, o portugués António Lopes Vieira publicou no diario lisboeta O Século o poema político (mais que se vale de recursos neotrobadorescos) titulado Á Galiza, a modo de vello cantar. Xa fóra do período intersecular, en 1919, achamos influencias neotrobadorescas en Xoán Vicente Viqueira.

A prosa miniatura|O Tio Marcos d'a Portela, fundado por Valentín Lamas Carvajal en 1876. A pesar de que a prosa xornalística en lingua galega xa viña existindo desde o Prerrexurdimento e xa fora consolidada no Rexurdimento, coa fundación por parte de Valentín Lamas Carvajal do semanario O Tío Marcos da Portela (1876), a prosa literaria non aparecerá ata o serán do Rexurdimento, coa publicación por entregas da novela de Marcial Valladares Maxina ou a Filla Espúrea (1880). Mais a afirmación de que esta é a primeira novela escrita en galego debe ser feita con cautela, posto que estamos ante un libro "trilingüe" (en galego, en español, e na mestura destes dous idiomas popularmente coñecida como castrapo), sendo a lingua un elemento caracterizador dos personaxes (os de clase alta falan español; os de clase media e os de clase baixa que teñen algún tipo de relación cos adiñeirados ou co exército, en castrapo; e os de clase baixa e/ ou que viven nun medio rural, en galego). Precisamente o factor idiomático impídelle de cheo a esta obra ser a primeira novela naturalista na cal se utiliza a lingua galega. E é que un dos principais trazos do naturalismo literario radicaba en concederlle importancia á influencia do medio. Valladares, porén, presentaranos ao final do libro a unha Maxina capaz de expresarse nun perfecto español mentres mantén os seus diálogos co Marqués, a pesar de ser criada en galego e nun medio rural e monolingüe en galego. Así, a lingua a empregar viría determinada polo sangue, e non polo medio. miniatura|esquerda|page=5|O castelo de Pambre, 1895, de Antonio López Ferreiro. Por outra parte, en 1889, publicarase o primeiro best-seller da prosa galega, o Catecismo da Doutrina Labrega Composto polo R. P. M. Fr. Marcos da Portela, Doutor en Teoloxía Campestre de Valentín Lamas Carvajal, popularmente coñecido como O Catecismo do Labrego. Trátase dunha obra que, reproducindo a estrutura do Catecismo da Doutrina Católica (é dicir, a estrutura de pregunta-resposta), critica o caciquismo e os males dos labregos. Aínda así, non podemos pensar (a pesar do título e da forma) que se trata dunha obra anticlerical (o catolicismo de Lamas impedíao), senón que, con O Catecismo do Labrego, Lamas Carvajal pretendeu denunciar as penurias do rural galego a través dun sistema coñecido por todos os posíbeis lectores. É dicir, naquela época todo o mundo (letrados e analfabetos) coñecía e sabía de memoria o Catecismo.

A partir da década de 1890, van aparecendo textos interesantes para a literatura galega, posto que presentan unha certa diversificación temática. Neste decenio vai xurdir a novela histórica galega, da man do cóengo Antonio López Ferreiro, autor de A Tecedeira de Bonaval (1895), O Castelo de Pambre (1895) e Niño de Pombas (1905). Andando o tempo, acharemos novelas de carácter costumista, como ¡A Besta! (1899) de Patricio Delgado Luaces (Xan de Masma) ou A Cruz de Salgueiro (1899), de Xesús Rodríguez López ou os contos de Néveda (publicados en 1920), de Francisca Herrera Garrido. O naturalismo si aparecerá plenamente nos contos naturalistas de Pé das Burgas (1904), do andaluz Francisco Álvarez de Nóvoa. A novela de temática amorosa, iniciada por Marcial Valladares con Maxina ou a Filla Espúrea, vai ser continuada por Aurelio Ribalta en O Pastor de Dona Silvia e O Derradeiro Amore.

Finalmente, autores como Enrique Labarta Pose, Heraclio Pérez Placer ou Valentín Lamas Carvajal, escribirán obras contísticas nas que se presente, en clave humorística, a máis chocalleira da realidade galega, unida por veces á defensa do labrego do país.

O teatro miniatura|¡Non máis emigración!, 1886 segunda edición. Antes da década de 1880, o teatro dominante en Galiza era o teatro popular, o cal viña desde os Séculos Escuros e que se trata nos artigos literatura galega dos Séculos Escuros e literatura galega do Rexurdimento.

Mais, a partir deste decenio (e incluso antes), Francisco María de la Iglesia viu a necesidade de crear un teatro galego para minorías instruídas. Realmente, foi este escritor compostelán o primeiro que creu necesaria a creación dun teatro galego non popular, que combatese a imaxe negativa do galego e dos galegos que ofrecían as obras bilingües e en lingua española. Tanto era así, que (segundo Laura Tato Fontaíña) o seu interese por elaborar un novo teatro galego custoulle Francisco María de la Iglesia o alcume de "Capitán Araña" (parafuseiro, embrullador,...), alcuño imposto polos seus propios correlixionarios. Por este motivo, este escritor dramático viuse na obriga de iniciar el só o teatro galego de corte non popular. E fíxoo con A Fonte do Xuramento, peza estreada no Liceo Brigantino da Coruña o 13 de agosto de 1882. En 1871 José María Chao Ledo estreou en Mondoñedo Noite Boa de 1871.