Filón de Bizancio (en grego antigo: Φίλων ὁ Βυζάντιος) nado circa 280 a.C. e finado c. 220 a.C., tamén coñecido como Filón Mecánico, foi un enxeñeiro, físico e escritor grego especializado en mecánica.
Traxectoria Aínda que era natural de Bizancio, desenvolveu a maior parte da súa vida en Alexandría, no Exipto helenístico.
Foi autor dunha extensa obra titulada Mechaniké sýntaxis (Compendio de mecánica) dedicada a diferentes aspectos da técnica e da enxeñaría antiga.R.S. BAGNALL & outros autores (2013). The Encyclopedia of Ancient History. Chichester/Malden, MA. p5266-8.
Entre os temas asociados á súa obra figuran a construción de máquinas, a pneumática, a poliorcética e outros dispositivos mecánicos, polo que é considerado unha das figuras máis relevantes da tradición técnica helenística.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Personalidades da Grecia antiga