A Semana Santa de Cartaxena é unha celebración relixiosa que ten lugar cada ano en Cartaxena, coa organización de procesións entre a madrugada do Venres de Dores e o mediodía do Domingo de Resurrección. O seu inicio, coincidindo coa festividade da patroa da cidade, a Virxe da Caridade, considérase a primeira procesión de España dentro do calendario anual da Semana Santa.

A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Cartaxena está integrada por catro confrarías penitenciais: Marrajos, Californios, Resucitado e Socorro, das que as dúas primeiras procesionan varios días. As primeiras procesións de que se ten constancia, pertencentes á confraría marraja, saíron por primeira vez no ano 1663, aínda que a data da súa fundación se descoñece con exactitude e podería ser anterior.

A celebración foi declarada Festa de Interese Turístico Internacional en 2005.

O principal centro da Semana Santa cartaxeneira é a igrexa de Santa María de Gracia, un templo do século XVIII que non chegou a rematarse na súa fachada e que se viu gravemente afectado pola destrución de todo o seu interior nos primeiros días da guerra civil española, en 1936. Está situada na rúa do Aire, en pleno casco antigo da cidade.

miniatura|310x310px|Sudario de San Xoán Evanxelista (Marrajos).

As procesións cartaxeneiras teñen como trazo máis destacado a orde dos penitentes, que marchan ao son do tambor ao unísono: andan e paran á vez e permanecen estáticos nas paradas. Xunto coa orde, a flor, a luz e a música son trazos distintivos desta Semana Santa.

En materia escultórica, alberga un importante patrimonio formado por obras de José Capuz, José Sánchez Lozano, Juan González Moreno, Mariano Benlliure, Francisco Salzillo, Federico Coullaut-Valera e outros escultores españois. Tamén son salientables os mantos e estandartes bordados, algúns deles dos séculos XVIII e XIX.

Confrarías As catro confrarías que organizan as distintas procesións que teñen lugar ao longo de dez días son:

Real e Ilustre Confraría de Noso Pai Xesús Nazareno (marrajos). Procesiona o Luns Santo, o Venres Santo —madrugada e noite— e o Sábado Santo coas procesións, respectivamente, da Piedade, o Encontro, o Santo Enterro e a Vera Cruz. Dentro da confraría de Noso Pai Xesús Nazareno podemos atopar 18 agrupacións: Granadeiros, Santo Cáliz, Estudantes, Xesús Nazareno, A Verónica, Soldados Romanos, San Xoán, A Agonía, A Lanzada, A Virxe da Soidade, Descendemento, Virxe da Piedade, Santo Enterro, Santo Sepulcro, Santo Sudario, Portapasos da Piedade, Portapasos da Dolorosa e María Magdalena.

Ilustre Confraría do Santísimo e Real Cristo do Socorro. Fundada en 1691. Procesiona en viacrucis na madrugada do Venres de Dores, na que se considera a primeira procesión de España cada Semana Santa. Esta confraría é a máis minoritaria, formada por só dúas agrupacións: a Agrupación do Cristo do Socorro e a Agrupación da Santísima Virxe da Soidade do Consuelo.

Pontificia, Real e Ilustre Confraría de Noso Pai Xesús no Doloroso Paso do Prendemento e Esperanza da Salvación das Almas (californios). Fundada en 1747. As súas procesións teñen lugar o Venres de Dores pola noite, o Domingo de Ramos, o Martes Santo, o Mércores Santo e o Xoves Santo. Son as procesións do Cristo da Misericordia, a Entrada de Xesús en Xerusalén, o Traslado dos Apóstolos, o Prendemento e o Silencio.

miniatura|310x310px|Trono do Ósculo (Californios).

Esta confraría é a segunda máis numerosa en canto a agrupacións, con 15: Agrupación do Santísimo e Real Cristo da Misericordia, Agrupación de María Santísima do Rosario nos seus Misterios Dolorosos, Agrupación de Granadeiros, Agrupación da Santa Cea e do Santísimo Cristo dos Mineiros, Agrupación da Oración no Horto, Agrupación do Ósculo, Agrupación do Prendemento, Agrupación de Soldados Romanos, Agrupación do Santísimo Cristo da Flaxelación, Agrupación da Coroación de Espiñas, Agrupación da Sentenza de Xesús, Agrupación de Santiago Apóstolo, Agrupación de San Pedro Apóstolo, Agrupación de San Xoán Evanxelista e Agrupación da Santísima Virxe da Primeira Dor.

Real e Ilustre Confraría de Noso Pai Xesús Resucitado. A máis nova das confrarías cartaxeneiras foi fundada en 1943. Procesiona na mañá do Domingo de Resurrección. Está composta por 11 agrupacións: Soldados Romanos, Aparición de Xesús a María Magdalena, Aparición de Xesús aos discípulos en Emaús, Sepulcro Baleiro, San Xoán, Agrupación de Escoltas e Honras, Noso Pai Xesús Resucitado, Virxe do Amor Fermoso, Aparición a Santo Tomé, Aparición de Xesús no lago de Tiberíades e Xunta de Damas.

miniatura|310x310px|Trono da Aparición a María Magdalena (Resucitados).

Venres de Dores Madrugada Viacrucis penitencial do Cristo do Socorro O viacrucis penitencial da confraría do Socorro dá inicio á Semana Santa de Cartaxena. Partindo das inmediacións da Catedral Vella, onde conta con capela propia, realiza unha estación penitencial ante a antiga patroa da cidade, a Virxe do Rosell, na igrexa de Santa María de Gracia, e outra na basílica da Virxe da Caridade, patroa de Cartaxena.

30px Confraría do Santísimo e Real Cristo do Socorro Viacrucis penitencial 230px Inmediacións da Catedral Vella (rúa da Concepción) 03:30 horas PERCORRIDO:Sepulcro • Concepción • Praza de San Ginés • San Francisco • Campos • San Miguel • Aire • Praza de San Sebastián • Honda • Praza de San Francisco • Arco de la Caridad • San Vicente • Praza do Sevillano • Serreta • Caridad • Praza de Risueño • Duque • Praza de San Ginés • Concepción • SepulcroDatosComposición PRIMEIRA SAÍDA: 1691 REFUNDACIÓN / ÉPOCA ACTUAL: 1961 Realiza estación de penitencia na igrexa de Santa María de Gracia ante a antiga patroa de Cartaxena, a Virxe do Rosell. A continuación realiza tamén estación de penitencia na Basílica da Caridade, onde se oficia unha misa. A procesión remata á súa chegada á Praza de San Ginés, onde se canta a Salve cartaxeneira. Santísimo Cristo do Socorro (Manuel Ardil Pagán, 1965) Santísima Virxe da Soidade do Consuelo (José Hernández Navarro, 2003)

Noite Procesión do Cristo da Misericordia e da Virxe do Rosario Esta procesión tivo os seus comezos como confraría independente, recibindo pouco despois o apoio da Confraría do Socorro. Tras uns primeiros anos nos que desfilaba sen a autorización da diocese de Cartaxena, en 1987 integrouse na Confraría California. Esta acolleu a maior parte das agrupacións que a formaban e fixo medrar a procesión incorporando novos terzos e tronos.

30px Pontificia, Real e Ilustre Confraría de Noso Pai Xesús no Doloroso Paso do Prendemento e Esperanza da Salvación das Almas (californios) Procesión do Santísimo Cristo da Misericordia e María Santísima do Rosario nos seus Misterios Dolorosos 130px Igrexa de Santa María de Gracia 21:00 horas PERCORRIDO:Aire • Canón • Mayor • Praza San Sebastián • Puertas de Murcia • Santa Florentina • Parque • Praza Puerta de la Serreta • Serreta • Praza Serreta • Caridad • Duque • Praza de San Ginés • San Francisco • Campos • Jara • AireDatosComposición PRIMEIRA SAÍDA: 1979 O trono da Despedida de Xesús converteuse en 1998 no primeiro en ser levado a ombros por mulleres na Semana Santa de Cartaxena. Trono Insignia da Confraría (Rafael Terón, 1987) Terzo Infantil de Granadeiros Trono-alegoría das Sete Dores da Virxe (Cristóbal Cubero, 2000) Xesús e a Virxe María na casa de Lázaro (José Hernández Navarro, 2008) Despedida de Xesús da Santísima Virxe (José Hernández Navarro, 2004) Santísimo Cristo da Misericordia (José Hernández Navarro, 2003) Santísima Virxe do Rosario (José Hernández Navarro, 1983) Sección de Honras da Agrupación de Granadeiros

Domingo de Ramos Procesión da Entrada de Xesús en Xerusalén En 1944 a Confraría California incorporou unha nova procesión na tarde do Domingo de Ramos, que desde poucos anos máis tarde, en 1952, está protagonizada por nenos, que desfilan nela vestidos á usanza hebrea. Nos últimos anos incorporou tronos con diversas escenas da vida pública de Xesús antes da Entrada en Xerusalén, escena coa que culmina esta procesión.

30px Pontificia, Real e Ilustre Confraría de Noso Pai Xesús no Doloroso Paso do Prendemento e Esperanza da Salvación das Almas (californios) Procesión da Entrada de Xesús en Xerusalén 230px Igrexa de Santa María de Gracia 17:00 horas PERCORRIDO:Aire • Canón • Mayor • Praza de San Sebastián • Puertas de Murcia • Santa Florentina • Praza Xoán XXIII • Parque • Praza Puertas de la Serreta • Serreta • Caridad • Praza de Risueño • Duque • Praza de San Ginés • San Francisco • Campos • Jara • AireDatosComposición PRIMEIRA SAÍDA: 1944 Ademais de estaren formados por nenos os distintos terzos que visten de hebreos, nos últimos anos algúns tronos pasaron a desfilar a ombros de mozos portapasos. Trono Insignia da Confraría (Rafael Terón, 1987) Terzo Infantil de Granadeiros Personaxes Bíblicos Terzo Infantil de Soldados Romanos Bautismo de Xesús (José Hernández Navarro, 2005) Terzo Infantil da Santa Cea O Primado de San Pedro (José Hernández Navarro, 2007) Conversión da Samaritana (José Sánchez Lozano, 1945) A Elección dos Zebedeos (Juan José Quirós, 2007) O Sermón do Monte (Luis González Rey, 2004) Terzo Infantil da Sentenza Os Milagres de Xesús (Juan José Quirós, 1993) Anxo Confortador (José Sánchez Lozano, 1941) Xesús camiño de Xerusalén. A mala acollida dos samaritanos (Antonio Labaña, 1992) Xesús cos Nenos (José Hernández Navarro, 2004) A Unción en Betania (José Hernández Navarro, 2002) Anxo Anunciador (José Sánchez Lozano, 1967) Entrada de Xesús en Xerusalén (Mariano Benlliure —Cristo—, 1947 / José Sánchez Lozano, 1971) Sección de Honras da Agrupación de Granadeiros

Luns Santo Procesión de Promesas da Santísima Virxe da Piedade A primeira das procesións marrajas é a da Virxe da Piedade. En 1930 a confraría decidiu converter en procesión o traslado habitual que se facía con este grupo, de iconografía semellante ao da Virxe da Caridade, patroa de Cartaxena, un traslado que era seguido por un gran número de «promesas», persoas que facían penitencia tras a imaxe. Instituída xa en procesión, cada ano son milleiros as persoas que acompañan a Virxe da Piedade na noite do Luns Santo.

30px Real e Ilustre Confraría de Noso Pai Xesús Nazareno (marrajos) Procesión de Promesas da Santísima Virxe da Piedade 230px Igrexa de Santa María de Gracia 21:00 horas PERCORRIDO:Aire • Canón • Mayor • Praza de San Sebastián • Puertas de Murcia • Santa Florentina • Parque • Serreta • Caridad • Duque • Praza de San Ginés • San Francisco • Campos • San Miguel • AireDatosComposición PRIMEIRA SAÍDA: 1930 Tras o trono da Virxe da Piedade marchan milleiros de persoas que materializan así as súas promesas á Virxe. Destaca o gran número de nenos que, vestidos de nazarenos, participan na primeira das procesións marrajas. Estandarte da Confraría. Grupo de acompañamento Terzo de Granadeiros Cadetes Santo Cáliz (Francisco Portela —Cáliz—, 1925 / Manuel Biot —Evanxelistas—, 1969) Terzo de Granadeiros Trono Insignia da Virxe da Piedade (Ramón Orovio / Carmen Zambrana, 2001) Santísima Virxe da Piedade (José Capuz, 1925)

Martes Santo Traslados procesionais californios En 1930 a Confraría California outorgou carácter procesional ao traslado de San Pedro, que se viña realizando desde antigo desde o Arsenal Militar. Pouco despois da Guerra Civil incorporáronse, cos seus respectivos traslados tamén desde establecementos militares, as imaxes de San Xoán Evanxelista e Santiago Apóstolo.

30px Pontificia, Real e Ilustre Confraría de Noso Pai Xesús no Doloroso Paso do Prendemento e Esperanza da Salvación das Almas (californios) Traslado de Santiago Apóstolo 230px Antigo Goberno Militar 20:39 horas PERCORRIDO:Príncipe de Vergara • Subida a las Monjas • Praza do Concello • Canón • Aire • San Miguel • Campos • Praza de San Francisco • Ignacio García • Balcones Azules • Honda • Praza de San SebastiánDatosComposición PRIMEIRA SAÍDA: 1943 Santiago Apóstolo (José Sánchez Lozano, 1977)