miniatura|300x300px|Moeda de 10 céntimos de franco (1939), da serie Lindauer. As moedas da serie Lindauer son un conxunto de moedas divisionarias do franco francés cuñadas en varios metais entre 1914 e 1946, caracterizadas por presentaren un burato central, que en Francia non volveu aparecer na moeda desde entón.
O nome vénlles de estaren deseñadas e gravadas polo artista francés Edmond-Émile Lindauer.Forrer, L. (1909). "Lindauer, Edmond Eugène Émile". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol. IV. Spink & Son, Londres. Páxina 438.Forrer, L. (1924). "Lindauer, Edmond Eugène Émile". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol. VII. Suplement. Spink & Son, Londres. Páxina 556.
Historia e caracterización A incorporación dun burato central na moeda levaba caracterizando desde hai moito tempo as moedas chinesas do tipo "cash". En Francia, Théodore Michelin presentara xa esta idea no Parlamento en 1888, aínda que sen éxito,"10 centimes Epreuve uniface en zinc nickelé, type au coq". Numista.com e tamén en 1910 chegaran a cuñarse algunhas probas, deseñadas polo gravador Charles Pillet."10 centimes Essai en aluminium de Pillet". Numista.com Finalmente adoptouse por un decreto o 10 de xullo de 1914. En Bélxica, o artista Alphonse Michaux creara tamén en 1901 un tipo de moeda fraccionaria dotada de perforación central."Type Michaux: 5 centimes"; "10 centimes". Numista.comBenedict, R.; Axel, T. (2012). La Petite Belgique dans la Grande Guerre. Une icône, des images. Presses universitaires de Namur. Páxina 216. ISBN 9782870377413
A partir da Lei do 4 de agosto de 1913, a Monnaie de Paris lanzou un concurso para a creación de novas moedas de níquel, logo de senllas experiencias previas de cuñaxe neste metal en 1903 e en 1905 —as moedas de 25 céntimos deseñadas por Patey—."25 centimes Patey". Numista.com O xurado preseleccionou dez deseños, e foi o proposto por Lindauer o que gañou, en febreiro de 1914, o que lle supuxo un premio de 20.000 francos; raramente un concurso de deseño de moedas recibira tanta cobertura mediática."Designs of New French Coins". En The Numismatist. Vol. XXVII. Nº 8. 1914. Páxina 393.Dauzats, C. (1914). Lindauer propuxo a emisión dunha moeda máis fina cun burato no centro, tanto para aforrar metal como para aumentar a diferenza entre as moedas de prata e as divisionarias en metais comúns de cor branca. Isto marcou o comezo dunha longa serie de moedas perforadas que continuou ata 1946, empregando metais de valor intrínseco cada vez máis baixo."Edmond Emile Lindauer, un artiste graveur prolifique trop méconnu". Numismag.com
Cómpre salientar que as moedas de cuproníquel de 5 e 10 céntimos do tipo Lindauer coexistiron de 1914 a 1921 coas moedas de bronce do mesmo valor da serie Daniel Dupuis. Ademais, de 1941 a 1943, o Goberno de Vichy emitiu moedas de cinc de 10 e 20 céntimos cun deseño diferente, que tamén estaban perforadas e que estaban deseñadas polos medallistas do Departamento de Gravado da Monnaie de Paris."10 centimes Etat français grand module". Numista.com"20 centimes Etat français zinc". Numista.com
Lindauer encargouse igualmente do deseño e o gravado dunha serie de moedas coa mesma tipoloxía emitidas a partir de 1935 para a Indochina Francesa, con valores de medio céntimo e dun céntimo de piastra."Incochine; ½ cent"; "1 cent". Numista.com
Á parte do seu uso principal como medio de pagamento, estas moedas perforadas empregábanse tamén para fabricar os discos utilizados no pilou, un xogo de malabares típico de Niza e a súa contorna, así como para fins diversos, como por exemplo arandelas para asegurar as unións de fontanaría."La fabrication du pilou". Sitedupilou.free.fr
Emisións para Francia do tipo Lindauer <center> {| class="wikitable" |+ !Imaxe !Valor facial !Anos !Diámetro !Peso !Metal !Tiraxe |- | rowspan="3" |148x148px138x138px | rowspan="3" |5 céntimos |1917-1920"5 centimes Lindauer Cupronickel, grand module". Numista.com |19 mm |3 g |Cuproníquel |align="right"|141.213.857 |- |1920-1938"5 centimes Lindauer Cupronickel, petit module". Numista.com |15 mm |2 g |Cuproníquel |align="right"|619.442.788 |- |1938-1939"5 centimes Lindauer Maillechort". Numista.com |17 mm |1,5 g |Alpaca |align="right"|79.002.747 |- | rowspan="5" |148x148px138x138px | rowspan="5" |10 céntimos|1914-1916"10 centimes Lindauer souligné". Numista.com |21 mm |4 g |Níquel |align="right"|3.972 |- |1917-1938"10 centimes Lindauer Cupronickel, non souligné". Numista.com |21 mm |4 g |Cuproníquel |align="right"|701.482.534 |- |1938-1939"10 centimes Lindauer maillechort avec points avant et après la date". Numista.com |21 mm |3 g |Alpaca |align="right"|314.372.733 |- |1941"10 centimes Lindauer 1941". Numista.com |21 mm |2,5 g |Cinc |align="right"|238.875.200 |- |1945-1946"10 centimes Lindauer Petit module". Numista.com |17 mm |1,5 g |Cinc |align="right"|64.365.360 |- |132x132px 132x132px |20 céntimos |1945-1946"20 centimes Lindauer". Numista.com |24 mm |3 g |Cinc |align="right"|14.589.297 |- | rowspan="3" |148x148px148x148px | rowspan="3" |25 céntimos |1914-1917"25 centimes Lindauer Souligné, nickel". Numista.com |24 mm |5 g |Níquel |align="right"|1.641.016 |- |1917-1938"25 centimes Lindauer Non souligné, cupronickel". Numista.com |24 mm |5 g |Cuproníquel |align="right"|314.372.733 |- |1938-1940"25 centimes Lindauer Maillechort avec points avant et après la date". Numista.com |24 mm |4 g |Alpaca |align="right"|51.581.241
Notas
Véxase tamén Bibliografía Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094 Dauzats, C. (1914). «La Monnaie de nickel». En Le Figaro. París, 19 de febreiro de 1914. Páxina 1.
Outros artigos Monnaie de Paris Franco francés
Categoría:Moedas de Francia Categoría:Moedas divisionarias