Emily Clark, nada en Saskatoon (Saskatchewan) o 28 de novembro de 1995, é unha xogadora profesional de hóckey sobre xeo canadense. Xoga de dianteira e para o PWHL Hamilton da Professional Women's Hockey League (PWHL), logo de facelo no Ottawa Charge. Ademais xogou na selección canadense nas categorías júnior e sénior dende o seu debut en 2011.

Clark xogou catro tempadas no hóckey universitario na Universidade de Wisconsin. Antes de asinar un contrato na PWHL, Clark foi membro da Professional Women's Hockey Players Association (PWHPA).

Debutou coa selección sénior do Canadá na 4 Nations Cup 2014. Logo xogou coa selección canadense nos Xogos Olímpicos de 2018, nos que conseguiu a medalla de prata, nos Xogos Olímpicos de 2022 axudou ao Canadá a gañar o ouro, e en Milán-Cortina 2026 colgouse unha nova medalla de prata coa selección canadense.

Notas

Categoría:Nados en Saskatoon Categoría:Nados en 1995 Categoría:Xogadoras do Ottawa Charge Categoría:Xogadoras do PWHL Hamilton Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos do Canadá Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polo Canadá Categoría:Medallistas olímpicos de prata polo Canadá Categoría:Medallistas olímpicos en hóckey sobre xeo