O tracto respiratorio é a parte do aparato respiratorio que conduce o aire aos alvéolos para que se realice alí o intercambio de gases respiratorio nos mamíferos. O tracto respiratorio consta dunha serie de cavidades e tubos e está tapizado internamente polo epitelio respiratorio, que forma a mucosa respiratoria.

O aire respirado entra polo nariz á cavidade nasal, onde unha capa de mucosa nasal actúa como filtro e atrapa partículas contaminantes e outras substancias nocivas que se atopan no aire. Os cornetes incrementan a superficie da cavidade nasal, axudando a quentar, humedecer e filtrar o aire entrante. Despois, o aire pasa á farinxe, que contén a intersección entre o esófago e a larinxe. A abertura da larinxe ten unha lingüeta de cartilaxe especial, a epiglote, que se abre para deixar pasar o aire aos pulmóns pero se pecha para impedir que a comida entre nas vías aéreas.

Desde a larinxe o aire pasa á traquea e baixa ata a intersección chamada carina que se ramifica para formar os bronquios primarios ou principais dereito e esquerdo. Estes bronquios ramifícanse en bronquios secundarios (dos lobos), que se volven ramificar en bronquios terciarios (segmentais), que se ramifican en vías aéreas máis pequenas chamadas bronquíolos, que finalmente conectan con pequenas estruturas especializadas chamadas alvéolos, onde se produce o intercambio de gases.

Os pulmóns localizados na cavidade torácica, protexidos de danos físicos pola caixa torácica. Na base dos pulmóns está un músculo esquelético chamado diafragma. O diafragma separa os pulmóns do estómago e intestinos. O diafragma é o principal músculo respiratorio que realiza a ventilación pulmonar e está controlado polo sistema nervioso simpático.

Os pulmóns están envoltos nunha membrana serosa que se dobra sobre si mesma formando as pleuras, unha barreira protectora de dúas capas. A interna ou pleura visceral cobre a superficie dos pulmóns e a externa ou pleura parietal está unida á superficie interna da cavidade torácica. Entre as dúas pleuras hai unha cavidade chamada cavidade pleural que contén líquido pleural. Este líquido serve para diminuír a fricción que experimentan os pulmóns ao inspirar e expirar.

Estrutura miniatura|260px|Sistema respiratorio. O tracto respiratorio divídese en tracto respiratorio superior e tracto respiratorio inferior. O tracto respiratorio superior ou vías aéreas superiores comprende o nariz e os condutos nasais, seos paranasais, a farinxe, e a porción da larinxe por riba das cordas vocais. O tracto respiratorio inferior ou vías aéreas inferiores comprende a porción da larinxe que está por debaixo das cordas vocais, a traquea, bronquios e bronquíolos. Os pulmóns poden incluírse no tracto respiratorio inferior ou como unha entidade separada e conteñen os bronquíolos respiratorios, condutos alveolares, sacos alveolares e alvéolos pulmonares. miniatura|Anatomía das vías aéreas pediátricas e de adultos. O tracto respiratorio pode tamén dividirse en zona de condución do aire e zona respiratoria, onde se produce o intercambio de gases.

A zona de condución comprende as estruturas que están fóra do pulmón –a cavidade nasal, a farinxe, a larinxe e a traquea– e as estruturas que están dentro dos pulmóns –os bronquios, bronquíolos e bronquíolos terminais–. A zona de condución leva o aire ao interior dos pulmóns, que polo camiño é filtrado, quentado e humedecido. Representa desde a 1ª á 16ª división (ramificación) do tracto respiratorio. A zona de condución exclúe a zona respiratoria que intercambia os gases co sangue. A zona de condución tamén funciona ofrecendo unha vía de baixa resistencia para o fluxo de aire. Proporciona un sistema de defensa coas súas capacidades de filtración.

A zona respiratoria comprende os bronquíolos respiratorios, os condutos alveolares e os alvéolos, e é o sitio onde se fai o intercambio de oxíxeno e dióxido de carbono co sangue. Os bronquíolos respiratorios e os condutos alveolares son responsables do 10 % do intercambio de gases. Os alvéolos son responsables do outro 90 %. A zona respiratoria representa da 16ª á 23ª división do tracto respiratorio.

A partir dos bronquios, os tubos que se van dividindo son cada vez de menor diámetro e estímase que hai de 20 a 23 divisións antes de acabar nos alvéolos.

Tracto respiratorio superior miniatura|170px|Detalles do tracto respiratorio superior O tracto respiratorio superior pode significar as partes do aparato respiratorio por riba das cordas vocais, ou por riba da cartilaxe cricoide. Ás veces inclúese a larinxe nas vías aéreas superiores e outras veces nas inferiores. O tracto consta de cavidade nasal e seos paranasais, farinxe (nasofarinxe, orofarinxe e laringofarinxe) e, como dixemos, ás veces inclúe a larinxe.

Tracto respiratorio inferior miniatura|Partes do tracto respiratorio inferior miniatura|upright=0.8|1. Trachea2. Bronquio principal3. Bronquio lobar (secundario)4. Bronquio segmental (terciario)5. Bronquíolo6. Conduto alveolar7. Alvéolo.

O tracto respiratorio inferior ou vías aéreas inferiores deriva do tracto gastrointestinal anterior en desenvolvemento e consta de traquea, bronquios (primarios, secundarios e terciarios), bronquíolos (incluíndo os terminais e respiratorios), e pulmóns (incluíndo os alvéolos). Nalgnhas fontes tamén inclúe a larinxe. O tracto respiratorio inferior tamén se chama árbore respiratoria ou árbore traqueobronquial, para describir a estrutura ramificada das vías aéreas que subministran aire aos pulmóns, e comprende a traquea, os bronquios e os bronquíolos.

traquea bronquio principal (diámetro de aproximadamente 1–1,4 cm en adultos)Page 81 in bronquio lobar (ou secundario, de diámetro de aproximadamente 1 cm) bronquio segmental (ou terciario, de diámetro de 4,5 a 13 mm) bronquio subsegmental (diámetro de 1 a 6 mm) bronquíolo condutor bronquíolo terminal bronquíolo respiratorio conduto alveolar saco alveolar alvéolo pulmonar

En cada punto de división ou xeración, unha vía aérea ramifícase en dúas vías aéreas máis pequenas. A árbore respiratoria humana pode constar como media 23 xeracións, mentres que a árbore respiratoria do rato ten unhas 13 xeracións. As divisións proximais (as máis próximas á parte superior da árbore, como os bronquios) funcionan principalmente transmitindo aire ás vías máis inferiores. As últimas divisións comprenden os bronquíolos respiratorios, condutos alveolares e alvéolos, e están especializadas no intercambio de gases.

A traquea é o tubo máis grande no tracto respiratorio e consta de aneis traqueais de cartilaxe hialino. Ramifícase ao final en dous tubos bronquiais, os bronquios principais esquerdo e dereito. Os bronquios ramifícanse noutros de menor sección dentro dos pulmóns e eses en bronquíolos, os cales acaban en sacos aéreos chamados alvéolos.

Os pulmóns son os órganos máis grandes no tracto respiratorio inferior. Os pulmóns están suspendidos na cavidade pleural do tórax. As pleurass son dúas membranas finas, dunha soa célula de grosor, que rodean os pulmóns. A pleura interna (pleura visceral) cobre os pulmóns e a externa (pleura parietal) tapiza a superficie interna da parede torácica. Esta membrana segrega unha pequena cantidade de líquido, que permite que os pulmón se deslicen libremente dentro da cavidade pleural mentres se expanden e contraen durante os movementos respiratorios. Os pulmóns están divididos en lobos. O pulmón dereito é máis grande que o esquerdo, debido a que o corazón está situado á esquerda da liña media. O pulmón dereito ten tres lobos (superior, medio e inferior), e o pulmón esquerdo ten dous (superior e inferior), ademais dunha pequna porción con forma de lingua do lobo superior chamada língula. Cada lobo está subdividido en segmentos chamados segmentos broncopulmonares. Cada pulmón ten unha superficie costal adxacente á caixa torácica; unha superficie diafragmática, que dá á parte inferior onde está o diafragma; e unha superficie mediastinal, situada cara ao centro do peito, onde está o corazón, os grandes vasos e a carina da traquea, onde os dous bronquios principais se ramifican desde a base da traquea.

Os alvéolos son pequenos sacos aéreos, moi numerosos, situados nos pulmóns, onde se produce o intercambio de gases. Nos pulmóns humanos o número medio de alvéolos é de 480 millóns. Cando se contrae o diafragma, xérase unha presión negativa no tórax e o aire flúe enchendo os tubos. Cando iso ocorre, estes sacos están cheos do aire que hai nos tubos e alvéolos, facendo que os pulmóns se expandan. Os alvéolos están rodeados por unha rede de capilares, chamados capilares alveolares. Aquí, os glóbulos vermellos do sangue dos capilares absorben o oxíxeno que chega do aire e despois transpórtano unido á hemoglobina en forma de oxihemoglobina, para cedelo ás células do corpo. Os glóbulos vermellos chegan aos alvéolos cargados de dióxido de carbono procedente das células transportado como carbaminohemoglobina e libérano nos alvéolos a través da parede dos capilares alveolares e do alvéolo, chegando á cavidade alveolar. Cando se relaxa o diafragma, xérase unha presión positiva no tórax e o aire flúe saíndo dos alvéolos, expulsando o dióxido de carbono.

Microanatomía miniatura|240px|Epitelio respiratorio O tracto respiratorio está tapizado internamente polo epitelio respiratorio, o cal varía conforme baixamos polo tracto. Ten glándulas e moco producido polas células caliciformes nalgunhas partes, e músculo liso, fibras de elastina ou cartilaxe. O epitelio desde a cavidade nasal aos bronquíolos está formado por epitelio columnar estratificado ciliado. O batido dos cilios ten lugar nunha soa dirección, movendo o moco cara a gorxa, onde será tragado. Conforme baixamos ata os bronquíolos, as células fanse máis cuboidais pero seguen sendo ciliadas.

As glándulas son abundantes no tracto respiratorio superior, pero son menos no tracto inferior e están ausentes cando se chega aos bronquíolos. O mesmo ocorre coas células caliciformes, aínda que poden encontrarse algunhas moi dispersas nos primeiros bronquíolos.

A cartilaxe está presente ata chegar aos bronquíolos. Na traquea aparece en forma den aneis de cartilaxe hialino con forma de C, mentres que nos bronquios a cartilaxe forma placas intercaladas. O músculo liso empeza na traquea, onde une os aneis cartilaxinosos con forma de C; continúa nos bronquios e bronquíolos, onde o músculo os rodea completamente e é de forma anular. En vez de cartilaxe duro, os bronquios e bronquíolos están composos de tecido elástico.

Os pulmóns conteñen trece tipos de células, once tipos de células epiteliais e dous tipos de células mesenquimais. As células epiteliais forman o recubrimento interno traqueal e bronquial, mentres que as células mesenquimais tapizan os pulmóns.

Función A maior parte do tracto respiratorio ten a función de ser un sistema de tubo que conducen o aire polos pulmóns. Os alvéolos son a única parte dos pulmóns onde se prouce case todo o intercambio dos gases oxíxeno e dióxido de carbono co sangue.

Respiración A respiración é o proceso rítmico da ventilación pulmonar, no cal o aire é levado ata os alvéolos por inhalación e expulsado despois por exhalación. Cando unha persoa inhala o aire pasa á traquea e entra nos pulmóns distribuíndose na árbore bronquial e chega aos alvéolos, onde se produce o intercambio de gases entre o aire alveolar e o sangue dos capilares que rodean o alvéolo.

Defensas contra as infeccións