Mickey's Kangaroo é unha curtametraxe de animación de Mickey Mouse producida por Walt Disney para United Artists e estreada o 13 de abril de 1935.

Sinopse Mickey recibe unha caixa enorme de Australia que contén un canguro.

Produción Única ocasión na que se escoita a Pluto pensar. Foi a derradeira curtametraxe de Mickey en branco e negro ata Get a Horse! (2013), que está parcialmente realizada en branco e negro. Tamén foi a derradeira aparición de Pluto en branco e negro.

Categoría:Filmes de 1935 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Hand Categoría:Filmes de comedia dos Estados Unidos de América