Klaus Vondrovec, nado en Krems, Baixa Austria, en 1976, é un numismático austríaco, conservador do Gabinete Numismático de Viena.
Traxectoria Klaus Vondrovec cursou estudos superiores de Numismática e Arqueoloxía Clásica na Universidade de Viena, onde acadou o seu doutoramento cunha tese acerca dos achados de moedas antigas en Ovilavis e en Carnantum, ambas na Baixa Austria, levada a cabo dentro do proxecto "Moedas achadas no período romano en Austria", da Academia Austríaca de Ciencias."Vondrovec, Klaus". Coinsweekly.com
Posteriormente, en 2007, comezou a colaborar na rede de investigación nacional "A historia cultural do Himalaia occidental desde o século VIII", onde estudou as emisións monetarias dos hunos iranianos.
Desde 2004, Vondrovec imparte clases no Instituto de Numismática e Historia Monetaria da Universidade de Viena sobre numismática antiga,"Mag. Dr. Klaus Vondrovec, Privatdoz". Universität Wien (Univie.ac.at). e en 2016 completou a súa habilitación docente nesa universidade no eido da numismática e a historia monetaria co seu traballo "A moeda dos hunos iranianos e os seus sucesores desde Bactria a Gandhara desde o século IV ata o século VIII".
Ademais de realizar numerosas estadías de investigación en Oriente Medio e de visitar as principais coleccións numismáticas do mundo, Klaus Vondrovec recibiu a bolsa Kraay da Universidade de Oxford en 2011 e foi investigador visitante no seminario de posgrao Eric P. Newman da American Numismatic Society en Nova York, en 2016.
Paralelamente ao seu labor académico, en 2008, foi nomeado conservador de moedas antigas no Gabinete Numismático de Viena, integrado no Kunsthistorisches Museum, e en 2021 accedeu á dirección do Gabinete. No primeiro ano como director, Vondrovec conseguiu adquirir para esta institución a importante colección Lindpaintner, que abrangue arredor de 1700 moedas do Oriente Próximo antigo, datadas entre os séculos I e VIII d.C., entre elas máis de 100 moedas cuxanas de ouro."Münzkabinett Wien kauft Jahrhundertsammlung Lindpaintner". En Münzen Woche. 11 de marzo de 2021 (Muenzenwoche.de).
Publicacións Esta é unha escolma dalgunhas das publicacións de Klaus Vondrovec máis significativas:"Klaus Vondrovec". Academia.edu"Klaus Vondrovec ". u:cris. Universtität Wien (univie.ac.at)."Vondrovec, Klaus". IDAI. bibliography zenon. Deutsches Archäoligisches Institut (zenon.dainst.org). (2003). Die antiken Fundmünzen aus Ovilavis/Wels (con R. Miglbauer) Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 978-3-7001-3152-6 (2007). "Gesamtdarstellung und Auswertung des antiken Fundmünzenmaterials im Museum Carnuntinum". En Alram, M.; Schmidt-Dick, F. (dir.). Numismata Carnuntina: Forschungen und Material. Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. Páxinas 55-340. ISBN 9783700138211 (2014). Coinage of the Iranian Huns and their Successors from Bactria to Gandhara (4th to 8th century CE). Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 978-3-7001-7695-4 Kampmann, U. (2015). "The coinage of the Iranian huns and their sucessors". En Münzen Woche. 3 de decembro (Coinsweekly.com). "Coinage of the Iranian Huns and their Successors from Bactria and Gandhara (4th to 8th century CE)". Österreichischen Akademie der Wissenschaften (oeaw.ac.at).
Notas
Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados no estado da Baixa Austria Categoría:Numismáticos de Austria Categoría:Alumnos da Universidade de Viena Categoría:Profesores da Universidade de Viena Categoría:Directores de museos Categoría:Personalidades sen imaxes
Véxase tamén Ligazóns externas
Vídeo: "A Centennial opportunity: The Acquisition of the Lindpaintner Collection by Klaus Vondrovec"