O Place Bell é un arena multipropósito da cidade Laval, Quebec, Canadá. O pavillón principal do complexo ten capacidade para 10 172 persoas e outras dúas pistas de xeo comunitarias, unha delas de tamaño olímpico. O Place Bell acolleu aligúns partidos como local do Montreal Victoire durante a tempada inaugural da Professional Women's Hockey League (PWHL), e converteuse no seu estadio local permanente na tempada 2024-25. Anteriormente o arena foi tamén a casa de Les Canadiennes de Montreal durante a derradeira tempada da Canadian Women's Hockey League (CWHL). No Place Bell tamén xoga os seus partidos como local o Laval Rocket, un equipo masculino que compite na American Hockey League.
Notas
Categoría:Pavillóns da PWHL Categoría:Montreal Victoire