Mirliton "Louis d'or dit "mirliton" aux palmes courtes - Louis XV". Numista.com254x254pxBusto laureado de Luís XV cara á dereita. Data no exergo. Lenda: LVD XV D · G · FR · ET · NAV · REXDúas letras L entrelazadas e coroadas, flanquedas por pólas de palma. Marca de ceca no exergo. Lenda: CHRS · REGN · VINC · IMP. Valor: 1 luís Gravador: Norbert Roëttiers. Datas: 1623-1625. Emisor: Reino de Francia. Aliaxe: ouro (917 milésimas). Diámetro: 22,5 mm. Peso: 6,526 g. Canto: acordonado.
Mirlitón ou luís con palmas (en francés: louis aux palmes) é a denominación dada no ámbito numismático a unha moeda francesa de ouro co valor dun luís cuñada a nome de Luís XV entre os anos 1623 e 1625, caracterizada polo deseño do seu reverso, con dúas letras L entrelazadas.Jambu, J.; Kind, J. Y. (2020). Páxina 367.
Caracterización
Deseño e lendas O mirlitón amosa no seu anverso o retrato de Luís XV (1715-1774), naquel momento con trece anos de idade, ollando cara á dereita adobiado cunha coroa de follas de loureiro. Pola súa banda, o reverso está caracterizado pola figura de dúas letras L entrecruzadas e flanqueadas por dúas pólas de palma, e todo este conxunto baixo unha coroa real."Mirliton". En Frey, A. R. (1917). Páxina 151."Mirliton". En Martinori, E. (1915). Páxinas 288-289.
Tanto o anverso como o reverso do mirlitón están deseñados e gravados por Norbert Roëttiers, que naquelas datas ocupaba o cargo de gravador xeral de moedas de Francia.Forrer, L. (1912). "Roettiers, Norbert". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol V. Spink & Son, Londres. Páxina 183.
As lendas son as habituais, presentes tamén en luíses de ouro de Luís XV doutras tipoloxías:
Anverso: LUD. XV. D. G. FR. ET NAV. REX ("Luís XV pola graza de Deus rei de Francia e de Navarra") + data. Reverso: CHRS REGN VINC IMP ("Cristo reina, vence e manda"). No exergo do reverso engádese unha letra a modo de marca de ceca.
Valores faciais Co deseño do mirlitón non só se cuñou a peza dun luís de ouro, senón tamén a de medio luís e a de dous luíses. Todas elas cuñáronse con datas 1723, 1724 e 1725,"½ louis d'or dit "mirliton" - Louis XV". Numista.com agás o dobre luís, que non se cuñou no último ano."Double louis d'or dit "mirliton" - Louis XV". Numista.com
Cecas e marcas de ceca As moedas de medio luís e de dous luíses mirlitón cuñáronse unicamente na Monnaie de Paris, e amosan como marca de ceca a letra A. Pola súa banda, o mirlitón dun luís produciuse nunha gran diversidade de cecas, en cada caso cunha marca distintiva: Paris (A), Metz (AA), Ruán (B), Estrasburgo (BB), Caen (C), Lión (D), Tours (E), Poitiers (G), La Rochelle (H), Limoges (I), Bordeos (K), Baiona (L), Tolosa (M), Montpellier (N), Riom (O), Dijon (P), Perpiñán (Q), Orleáns (R), Reims (S), Nantes (T), Troyes (V), Lille (W), Amiens (X), Bourges (Y), Grenoble (Z), Besançon (ϽϹ) e Rennes (9).
Emisión, circulación e denominación miniatura|200x200px|Signo da vulva na linguaxe de signos, que lembra o deseño do reverso da moeda. En 1723, o Goberno do Reino de Francia buscou restaurar a estabilidade financeira logo do colapso do sistema de Law en 1720."France Louis XV - Louis d'Or Mirliton aux Palmes Longues - 1724 T Nantes". Suffren-numismatique.com Nesta conxuntura, en agosto de 1723 ordenouse a emisión dun novo luís de ouro, cun peso rebaixado a 6,526 gramos e un valor nominal de 27 libras,Jambu, J.; Kind, J. Y. (2020). Páxina 368. que foi posto en circulación a partir do mes de setembro.Jambu, J.; Kind, J. Y. (2020). Páxina 370. Nota 33.
Existen varias explicacións para a orixe da denominación popular mirliton dada en Francia a esta variedade de luis de ouro, e que se fixo habitual no ámbito numismático. Sergundo algúns autores, este termo podería derivar do alcume Mirliton dado ao cardeal Dubois —o ministro principal de Estado (equivalente a primeiro ministro), que falecera pouco antes da emisión da moeda—,Jambu, J.; Kind, J. Y. (2020). Páxina 370. un termo que significaba, entre outras cousas, "algo trivial" ou "parvada",Jambu, J.; Kind, J. Y. (2020). Páxina 371. co que no caso da moeda aludiría ao seu escaso peso en relación cos luíses emitidos con anterioridade. Unha interpretación alternativa relaciona o alcume cun peiteado de moda na década de 1720.
Os investigadores Jérôme Jambu e Jean-Yves Kind inclínanse por unha explicación diferente. Durante o verán en que se emitiu esta moeda, a palabra francesa mirliton estaba de moda. Aparecía en numerosas cancións e manifestacións da cultura popular, sinaladamente como termo coloquial para se referir aos órganos xenitais femininos.Jambu, J.; Kind, J. Y. (2020). Páxina 372. O deseño formado polos dous "L" entrelazadas pode evocar na poboación, en efecto, unha vulva, coas follas de palmeira lembrando os labios maiores.Jambu, J.; Kind, J. Y. (2020). Páxina 373. Na linguaxe de signos, os xenitais femininos tamén se indican mediante un xesto similar.Jambu, J.; Kind, J. Y. (2020). Páxina 374. miniatura|200x200px|Reverso do mirlitón modificado na emisión de 1724. Xa durante o primeiro ano de emisión, en novembro de 1723, as autoridades intentaron corrixir a posibilidade desta interpretación popular: enviáronse ás casas de moeda apresuradamente novos cuños para o reverso nos que, malia manteren o deseño xeral, se modificara a disposición e as proporcións dos seus elementos,"Louis d'or dit "mirliton" aux grandes palmes - Louis XV". Numista.com para dificultar a asociación considerada inapropiada.Jambu, J.; Kind, J. Y. (2020). Páxinas 374 e seguintes.
O luis do tipo mirlitón foi retirado da circulación na reforma monetaria de Luís XV de 1726.
Posterioridade Un edicto de Roma de 1736 autorizou a circulación de varias moedas francesas, coa excepción do mirlitón.
Esta moeda ficou en circulación por toda Europa moito despois da súa reforma en Francia na década de 1760. O seu nome foi lembrado durante moito tempo: menciónase, por exemplo, en 1787 en Le Caissier italien, de Jean Michel Benaven.Jambu, J.; Kind, J. Y. (2020). Páxina 368.
Durante a exploración dos restos do naufraxio de Le Chameau, un barco da Armada francesa que afundiu fronte á costa do Canadá en 1725, atopáronse varios exemplares de mirlitóns."Insolite. Le Louis d’or Mirliton 1724 du trésor du «Chameau» revient à son port d’attache rochelais". En Sud-Ouest- 23 de abril de 2026.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Frey, A. R. (1917). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Numismatic Society, Nova York. Jambu, J.; Kind, J. Y. (2020). "De l’appellation louis « mirliton ». Ou l’interprétation d’un sexe de femme sur un louis de France". En Revue Numismatique. 177. Páxinas 365-378. Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale. Istituto italiano di numismatica, Roma.
Outros artigos
Luís (moeda)
Categoría:Moedas de Francia Categoría:Moedas de ouro Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Antigo Réxime