José González Collado, nado en Ferrol o 27 de maio de 1926 e finado na mesma cidade o 7 de xaneiro de 2018, foi un pintor, debuxante e ilustrador galego. Traxectoria Con doce anos entrou na Escola de Artes e Oficios de Ferrol, e foi discípulo de Felipe Bello Piñeiro. En 1943 recibiu un premio na Exposición de Arte, Educación e Descanso na Coruña, e ao ano seguinte acada o primeiro premio na V Exposición de Arte do Sindicato Español Universitario, tamén na Coruña. En 1944 realizou a súa primeira exposición individual, no Casino Ferrolano. Cunha bolsa, en 1945 ingresou na Escola de Belas Artes de Madrid.
Amais de formarse con visitas ao Museo do Prado, en 1950 viaxou por Marrocos e Alxeria e en en 1957 viaxou a París. Residiu en Madrid entre 1959 e 1997, cando regresou a Ferrol.
Realizou exposicións en diversos países, principalmente en España e Portugal. En 2006 o Concello de Ferrol organizou unha exposición antológica con máis de 160 obras. En 2017 dooulle á diocese de Mondoñedo-Ferrol 76 cadros da súa colección, das cales a peza A última cea estaba previsto que se instalase na catedral de Mondoñedo.
Recoñecementos 2006: Medalla de Ouro de Ferrol. Ademais, déuselle o seu nome a unha praza en Canido. 2012: Premio á Traxectoria, concedido polo Diario de Ferrol. 2015: Fillo Predilecto de Ferrol.
Vida persoal
En 1947 casou coa ceramista Josefina Pena, e tiveron tres fillas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Semana Santa 2004 de Ferrol. Óleos, aguatintas y dibujos de José González Collado (Concello de Ferrol, 2004). J. González Collado, Pinturas 1992-2005 ISBN 84-95600-39-0. Prólogo de Francisco Vázquez Vázquez. J. González Collado. Exposición antológica Concello de Ferrol, 2006). Lendas e relatos Ferroláns, ilustrado por J. González Collado, 1998 ISBN 84-930143-5-4. Obra recente / J.González Collado (Xunta de Galicia, 1996).
Categoría:Pintores de Galicia
Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes