Franz Julius Ferdinand Meyen, nado o 28 de xuño de 1804 e finado o 2 de setembro de 1840, foi un médico e botánico prusiano.
Traxectoria miniatura|esquerda|Placa de Ueber die neuesten Fortschritte der Anatomie und Physiologie der Gewächse (1834).|275x275px Meyen naceu en Tilsit, Prusia Oriental (agora Sovetsk, oblast de Kaliningrado, Rusia). En 1830 escribiu Phytotomie, o primeiro grande estudo de anatomía vexetal. Entre 1830 e 1832, tomou parte nunha expedición a América do Sur a bordo do Prinzess Luise, visitando o Perú e Bolivia, describindo especies que entón eran novas para a ciencia, como o pingüín de Humboldt.
De 1823 a 1826 estudou medicina na Univesidade de Berlín, despois serviu como cirurxián militar na Charité de Berlín. En 1834 converteuse en profesor asociado de botánica en Berlín. Con Heinrich Friedrich Link, foi coeditor do xornal Jahresberichte über die Arbeiten für physiologische Botanik (1837–1839).Max Planck Institute for the History of Science, Berlin biography
Morreu en Berlín en 1840.
Honores O xénero de plantas Meyenia leva ese nome na súa lembranza.CRC World Dictionary of Plant Names: Common Names, Scientific Names, Eponyms by Umberto Quattrocchi A raia Taeniurops meyeni (J. P. Müller & Henle, 1841) foi nomeada para conmemorar o seu nome.
Taxóns nomeados por el Véxase Taxons nomeados por Franz Meyen
En citas como autor botánico a súa abreviación é Meyen.International Plant Names Index. Meyen.
Obras seleccionadas 1828, Anatomisch-physiologische Untersuchungen über den Inhalt der Pflanzenzellen, Berlin: Hirschwald. 1830, Phytotomie. 1837, Ueber die Secretions-Organe der Pflanzen. Berlin: Morin [part of: Müller Library]. 1837, Neues System der Pflanzen-Physiologie. Erster Band. Berlin: Haude & Spener. 1838, Jahresbericht über die Resultate der Arbeiten im Felde der physiologischen Botanik von dem Jahre 1837, Berlin: Nicolai'sche Buchhandlung 1839, Jahresbericht über die Resultate der Arbeiten im Felde der physiologischen Botanik von dem Jahre 1838, Berlin: Nicolai'sche Buchhandlung.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1804 Categoría:Finados en 1840 Categoría:Botánicos de Alemaña Categoría:Médicos de Alemaña Categoría:Ornitólogos de Alemaña