miniatura|Rupia sikh, datada VS 1822-1856 / AD 1765-1799 (AG; 24 mm; 11,09 g). Ceca de Dar al-Sultanat Lahore."Electronic Auction 564: Lot 794". Classical Numismatic Group (cngcoins.com). A moeda sikh é a emitida por varios estados sikh con fins comerciais e como símbolos de soberanía. Estas moedas poden variar segundo a rexión, como Majha fronte a Malwa ou Trans-Sutlej fronte a Cis-Sutlej. Descubríronse moedas de varios estados sikh, sinaladamente do efémero estado de Banda, dos misls da Confederación Sikh e do Imperio Sikh, e moedas das entidades políticas sikh de Patiala, Nabha, Jind, Bhadaur, Kaithal, Kalsia, Faridkot e Buria/Jagadhri."Sikh Empire Coinage". Sikhcoins.in O Estado de Kapurthala non emitiu a súa propia moeda.Marco, M. S. (2004).

Outra tradición foi a constituída polas fichas do templo sikh. Tamén existen algunhas moedas falsas e de fantasía.Kaur, M. (1988).

Terminoloxía A palabra panxabi para moeda é sikkā, que está tomada prestada dunha palabra persa, que significa tanto "punzón para cuñar" como "regra, lei, regulación" —o que implica soberanía—. A moeda emitida antes de 1777 coñécese como gobindshahis, en tanto que a emitida despois desa data recibe adoito o nome de nanakshahis. Pola súa banda, as moedas cuñadas polo Estado de Patiala a partir de 1767 denomínanse rajeshahis, as emitidas polo Estado de Jind coñécense como jindias e as emitidas polo Estado de Nabha chámanse nabhashahis.

A moeda sikh máis antiga emitida por Banda Singh Bahadur (1709-1715) e polos misls da Confederación Sikh (1748-1799) chámase gobindshahis. O termo gobindshahi transmite a mensaxe de que pertencen ou están dedicadas ao décimo gurú sikh, Guru Gobind Singh. As moedas cuñadas en nome dos gurús coñécense como nanakshahis,Singh, S. (1990). "Ranjit Singh's Effigy on Sikh Coins". En Newsletter No. 123. Oriental Numismatic Society. Páxinas 4-5. e as cuñadas en relación con Bibi Moran chámanse moranshahis. Outras moedas reciben a denominación de gurushahi e nazrana.

Estrutura e simboloxía miniatura|Imperio Mogol. Muhyi al-Din Muhammad Aurangzeb Alamgir. AH 1068-1118 (AD 1658-1707). Rupia (AR; 22 mm; 11,25 g). Ceca de Dar al-Sultanat Lahore. Datada dobremente: AH 1110 e ano de reinado 42 (1699-1700 d.C.)."Electronic Auction 560: Lot 974". Classical Numismatic Group (cngcoins.com). Tradicionalmente, no Panxab, as moedas cuñadas contiñan ou ben un busto ou ben unha inscrición co nome do gobernante e, na outra face, unha inscrición cos anos do seu reinado; con todo, as moedas sikh diferían dese formato anterior en que normalmente non contiñan información sobre o gobernante baixo cuxo reinado foran cuñadas, senón que estaban dedicadas aos gurús sikh.

As moedas sikh son unha imitación dos deseños musulmáns e mogois anteriores, cuxo prototipo consistía nunha kalima (frase) nunha das faces, e o nome do gobernante, a ceca e a data de emisión na outra. As moedas islámicas non presentaban símbolos, pero si que contiñan lendas. En contraste, as moedas sikh substitúen a alusión ao nome do gobernante por diferentes tipos de símbolos. En relación coas inscricións atribuídas aos gurús sikh, por exemplo, as moedas do Imperio Sikh conteñen a inscrición Akal Sahai Guru Nanak, con algunhas variantes e diversidade de formatos, normalmente abreviada e raramente na súa forma completa. Co paso do tempo, inscribíronse na moeda versos do gurú Granth Sahib.Dhiman, D. (2010).

Baixo o reinado do maraxá Ranjit Singh (1799/1801-1839), producíronse moedas que portaban os seguintes símbolos:

Folla de pipal: con significados relixiosos e espirituais profundamente arraigados no subcontinente indio. Matsaya (peixe): simboliza o crecemento dinástico e a lonxevidade. Shankha (cuncha de mar): signo propicio para desviar o mal de ollo (nazar) e derrotar os inimigos. Trisul: veneración das armas e protección divina. Nisan ou Dhavaja (bandeira): símbolo de autoridade. Chattar (paraugas ou chapeu de pallas): simbolizaba a realeza e, consagrado, aseguraba a vitoria. Sat: símbolo de pureza, verdade e autoridade. Kamal (loto): símbolo de boa fortuna e pureza. Sakti ou Sri (lanza): por influencia da iconografía shivaísta e shaktista. Khadag (espada ou sabre): símbolo de valor, forza e poder, coa capacidade de destruír a ignorancia e a inxustiza. Katar (espada pequena ou daga): símbolo de poder e realeza. Moitos destes símbolos presentan variacións de puntos, círculos e outros adobíos, cuxos significados se perderon. Gada ou Gurj (bastón ou maza): simbolismo marcial. miniatura|Moeda do Imperio Sikh con varios símbolos, datada VS 1882 (AD 1825-1826)."Electronic Auction 459: Lot 593". Classical Numismatic Group (cngcoins.com). Algúns investigadores identificaron posibles símbolos khanda ou os seus precursores nas moedas da era sikh, aínda que hai controversia a este respecto.Brar, S. S. (2011). "The Sikh Empire. Coins". Sikh Museum (SikhMuseum.com). Unha moeda mogol cuñada en Lahore durante o reinado de Bahadur Shah cara a 1711-1712 foi identificada como posible portadora dun símbolo khanda, que foi considerado como un enigma."Electronic Auction 564: Lot 792". Classical Numismatic Group Cngcoins.com). Hans Herrli cre que os supostos khanda son en realidade símbolos de loto mal identificados ou contramarcas realizadas en épocas posteriores.

Cecas Os sikhs empregaron varias cecas ao longo da súa historia. Algunhas das identificadas son as seguintes: Khalsa (Mukhlisgarh). Lahore. Multan. Amritsar. Anandgarh. Ahluwalia. Kashmir. Mankera. Mozang. Derajat. Peshawar. Dera. Nimak. Jhang. Najibabad. Islam Garh (Gujrat).

Datas e idiomas As datas nas moedas sikh normalmente corresponden ao calendario tradicional Bikrami, que adoita estar 57 anos por diante do calendario gregoriano (agás entre xaneiro e abril, cando só o está 56 anos).

O idioma predominante da moeda sikh foi o persa. Canto ás Escritas, as moedas da época do Imperio Sikh conteñen exemplos tanto de Gurmukhi como de persa-árabe.

Historia miniatura|Sikhs (Khalsa Fauj). Baba Banda Singh Bahadur. 1670-1716. Rupia (AR; 25 mm; 11,98 g). Ceca de Amritsar. Data do ano 2 (1711 d.C.)."Feature Auction 127: Lot 840". Classical Numismatic Group (cngcoins.com).

Banda Singh Bahadur A principios de 1710, as forzas sikh conquistaron o Sirhind Sarkar. A primeira moeda emitida polos sikhs foi a do comandante militar Banda Singh Bahadur na súa fortaleza de Mukhlisgarh, nas proximidades do Himalaia.Singh, P.; Rai, J. M. (2008). Nas súas moedas aparecen os nomes do primeiro e do décimo gurú do sikhismo, xunto coa data de cuñaxe.

A primeira moeda sikh cuñada por Banda Singh Bahadur levaba as seguintes inscricións: +Orixinal (persa)Tradución a galegoAnversosikkā bar har do'alam tegh-i-nānak wāhab ast fatah gobind singh shāh-i-shāhān fazal sachehā sahib astA moeda está cuñada en ambos os mundos; o seu outorgador é a espada de Nānak. A vitoria é de Gobind Singh, rei de reis, pola graza do verdadeiro mestre.Reversozarb ba amān ud-dahr musawarat shahr zinat al takht mubārak bakhtCuñada en prol da seguridade e da paz do mundo e da vila amurallada do elegante trono e da fortuna bendita

A Confederación Sikh miniatura|Confederación Sikh (Misls). Anónima. Rupia (AG: 20,7 mm; 11,38 g). Ceca Dar al-Sultanat Lahore. Datata VS 1822 (AD 1765)."Islamic Auction 7: Lot 1549". Classical Numismatic Group (cngcoins.com). O Dal Khalsa da Confederación Sikh, baixo o mando de Jassa Singh Ahluwalia, ocupou Lahore en novembro de 1761. Durante ese tempo, cuñouse unha moeda que levaba unha inscrición co nome de Jassa Singh Ahluwalia. A súa inscrición era: sikkā zad dar jahān bafazl i-akāl, mulki- ahmad shāh griftah jassā kalal ("a moeda cuñada no mundo [cando], pola graza de Deus, Jassā Kalāl [Jassa Singh Ahluwalia] ocupou o territorio de Ahmad Shah [Durrani]"). Con todo, esta moeda foi retirada de camiño, porque estaba cuñada a nome dun individuo sikh no canto dun gurú sikh, e o nome de Jassa estaba truncado. Outro punto de vista é que esta moeda foi cuñada por líderes relixiosos non sikh de Lahore como unha falsificación e enviada a Ahmad Shah co fin de invocar a súa ira e levalo a emprender unha campaña contra os sikhs.

Logo da conquista do Sirhind Sarkar polos sikhs en 1764, cuñouse un tipo de moeda de prata que pasou a coñecerse como gobindshāhī sikkā ("moeda do gurú Gobind Singh"). A súa emisión pola ceca de Lahore continuou ata 1777. As inscricións na moeda, que amosan a influencia das moedas anteriores de Banda, mencionan o concepto deg tegh fateh do sikhismo, fan referencia tanto do gurú Nanak como do gurú Gobind Singh polo seu nome, e nomean Lahore como capital dos sikhs. As moedas cuñadas en Amritsar a partir de 1777 chámanse nānakshāhī sikkā, e conteñen inscricións que inclúen o termo sikh Akal Sahai, escrito en gurmukhi nunha das faces, así como un verso relativo aos gurús primeiro e décimo. A outra face contiña información sobre onde se cuñou a moeda, como no Akal Takht en Amritsar no caso dun espécime coñecido de 1780.

Cando os sikhs conquistaron a franxa entre o Ganxes e o Yamuna e ocuparon Delhi, cuñáronse moedas sicca falus (de cobre) na ceca de Najibabad. En relación coas moedas sikh da era misl, C. J. Rodgers afirmou:

Imperio Sikh

miniatura|Moeda de ouro do maraxá Ranjit Singh, cuñada na ceca de Amritsar e datada en 1820."½ Mohur - Ranjit Singh Amritsar". Numista.com Ranjit Singh ocupou Lahore en 1799 e comezou a emitir moeda alí a partir de 1801, en Amritsar desde 1805-1806, en Multan desde 1818 e en Caxemira (Srinagar) desde 1819. Tamén se cuñaron moedas en Pind Dadan Khan, Jhang e Peshawar. A moeda de Ranjit Singh é máis semellante, no relativo ás súas inscricións, ás moedas gobindshahi anteriores, aínda que seguen a clasificarse como moedas nanakshahi, e o termo utilizado naquela época para a moeda era nanakshahi. Unha característica distintiva das súas moedas é que presentan símbolos como follas de árbore e, máis adiante, plumas de pavón. As moedas que se cuñaban o primeiro día de funcionamento dunha ceca enviábanse primeiro ao Akal Takht en Amritsar a modo de ofrenda.

Había varios tipos de moedas en función do metal: mohars/butkis (ouro), rupee (prata), e dhelā, takā e paisā (cobre).

As moedas da época do Imperio Sikh continúan as tradicións numismáticas sikh máis antigas establecidas por Banda Singh Bahadur, ao tempo que introducen ideas máis novas, principalmente debido á influencia hindú. O maraxá Ranjit Singh continuou a práctica de non cuñar moedas a nome dun gobernante, senón que as moedas ían dotadas cos nomes sagrados dos gurús sikh. Estas moedas conteñen beizóns para os gurús sikh con varios sinais e símbolos. O símbolo da folla de pipal foi o predominante nas súas moedas. O Imperio Sikh mantivo os temas numismáticos sikh tradicionais, pero tamén introduciu novos deseños do hinduísmo, sinaladamente das denominacións vaisnavistas, shaivitas e shaktistas. Algunhas das moedas do Imperio Sikh levan motivos e simbolismo hindús, que Madanjit Kaur atribúe ao rexurdimento hindú na rexión do Panxab durante o século XIX. As moedas do Imperio Sikh utilizaban tanto o alfabeto gurmukhi como o persa-árabe. A ceca do Imperio Sikh influíu máis tarde a ceca do principado Dogra de Jammu e Caxemira, fundado por Gulab Singh. Algunhas das moedas cuñadas levan simbolismo relacionado con Bibi Moran, a esposa musulmá de Ranjit Singh; estas moedas chámanse morānshāhīs ou ārsī dī mohar vāle. As moedas moranshahis foron cuñadas entre 1806 e 1807, pero non foron aceptadas como ofrenda no Akal Takht por seren cuñadas na honra dunha bailarina musulmá. Do mesmo xeito, algunhas moedas cuñadas durante o reinado de Sher Singh (1841-1843) tampouco foron aceptadas por Takht Kesgarh Sahib en Anandpur como ofrenda, debido a que nelas aparecía Akal Sahai Sher Singh no canto da inscrición habitual Akal Sahai Guru Nanak ji. Mentres tanto, a Hari Singh Nalwa permitíuselle emitir moedas co seu nome en dúas ocasións, en Caxemira en 1831 e en Peshawar en 1834.