Pórtland (en ), é unha illa de 6 km de longo e 2,4 km de ancho da canle da Mancha, aínda que non é parte das Channel islands. Composta principalmente de calcaria, está situada 8 km ao sur de Weymouth, na costa de Dorset, na parte central da Costa Xurásica, entre os condados de Devon e Dorset, sendo o seu punto máis meridional. Únese a Gran Bretaña por medio dunha ponte a través de Chesil Beach e forma o borough de Weymouth & Portland, duns 13 000 habitantes. É importante pola súa xeoloxía e accidentes xeográficos, e foi declarada Patrimonio da Humanidade.
O seu porto foi unha base da Royal Navy nas dúas guerras mundiais e a OTAN adestrou nas súas augas até a década de 1990. Na actualidade, a área constitúe unha zona de recreo e é sede da Academia Nacional de Navegación, que organizou as probas marítimas nos Xogos Olímpicos de 2012.
Historia miniatura|300x300px|O castelo de Pórtland foi construído no século xv para defender a illa. Pórtland estivo habitada desde o Mesolítico (período medio da Idade de Pedra). Os romanos chamaron a illa Vindelis. En 1539, Henrique VIII ordenou a construción do castelo de Pórtland para defendela dos franceses; a edificación custou 5000 libras esterlinas. É un dos castelos mellor preservados dese período e está aberto ao público, administrado pola English Heritage.
Toponimia O nome da illa (que significa "terra do porto") foi adoptado por unha das Áreas Mariñas Británicas para o prognóstico meteorolóxico e por varias localidades norteamericanas e australianas. A pedra de Pórtland, utilizada en construcións como a catedral de San Pablo e o palacio de Buckingham, aínda é extraída na actualidade.
Pedra Os edificios máis vellos da illa, con muros de arredor de medio metro, foron construídos con pedra de Pórtland. A maior parte das vivendas conserva a cor amarelada ou agrisada da roca.
Sir Christopher Wren, arquitecto e deputado por Weymouth, utilizou seis millóns de toneladas desa pedra para reconstruír partes destruídas de Londres após o Grande incendio de 1666.
Logo da Primeira guerra mundial, a Coroa abriuse unha canteira para prover de pedra calcaria o Cenotafio de Whitehall e para medio millón de lápidas de soldados, e despois da Segunda guerra mundial, centos de miles de lápidas foron talladas nesta pedra para os caídos na Fronte occidental.
O cemento Pórtland, doutra banda, non é manufacturado na illa pero debe o seu nome a que a súa cor é similar á da pedra de Pórtland.
Ferrocarrís históricos Houbo varias ferrovías en Pórtland. Aberto en 1826, o Merchant’s Railway foi o primeiro tren na illa, unindo as canteiras de Tophill cos peiraos de Castletown. O Weymouth & Portland Railway foi inaugurado en 1865 e ía da estación en Melcombe Regis até a Vitoria Square en Chiswell, atravesando Fleet e circulando baixo o nivel do mar detrás de Chesil Beach. A liña continuou co nome de Easton & Church Hope Railway, a través de Castletown e ascendendo os cantis de East Weares dobrando ao norte cara a Easton. A liña fechou en marzo de 1965.
Porto de Pórtland
A baía de Weymouth presenta unha marea con dúas baixadas, fenómeno causado polo tempo que tarda a auga en pasar Portland Bill.
O porto é un dos máis profundos (dos 12 m aos 20 m de profundidade) e grandes (8,6 km²) xa construídos.
O primeiro quebraondas mandouno facer o príncipe Alberte en 1849 e o último Alberto Eduardo, príncipe de Gales, en 1872. Foron erixidos por civís principalmente, coa pedra era extraída por convictos do presidio da illa. Vinte e dous homes morreron na súa construción, e o quebraondas terminado contiña 5.731.376 toneladas de roca, custando 1.167.852 £.
miniatura|300x300px|O porto de Pórtland foi unha base da Mariña Real británica. Na imaxe, aprécianse os antigos cuarteis en primeiro plano. A Mariña Real tivo bases en Pórtland desde 1919 e, na IIGM, a illa foi un branco de bombardeos. Para protexela de torpedos e submarinos, afundiron o HMS Hood entre os quebraondas. En 1946, as áreas de recreo convertéronse nun heliporto; con 229 metros é unha das pistas de aterraxe máis curtas de Inglaterra.
A base naval pechou após a Guerra fría en 1995 e a Real Estación Aérea, en 1999, aínda que a pista se mantivo en uso para voos de investigación e rescate por parte dos Gardacostas. A zona xurisdiccional da MRCC Portland esténdese até a metade da canle da Mancha e de Devon até Hampshire, cubrindo unha área de 10.400 km². Os doce equipos de investigación e rescate na área de Pórtland lidaron con case mil accidentes en 2005; a maioría dos equipos usa lanchas pero a tripulación utiliza un helicóptero Sikorsky S-61.
Política e goberno miniatura|200x200px|Weymouth e Pórtland en Dorset. Pórtland é unha antiga Royal Manor, e até o século XIX constituíu unha liberty independente de Dorset. A illa foi distrito urbano de 1894 a 1974, até a creación do borough Weymouth & Portland, dividido en quince wards para as eleccións.
Weymouth, Pórtland e o distrito de Purbeck atópanse no distrito electoral parlamentario de South Dorset, creado en 1885. O mesmo elixe un Membro do Parlamento.
Entre os deputados que representaron South Dorset figura Jim Knight (PL) que chegou a exercer como ministro de Educación no Goberno británico. South Dorset, o resto do Suroeste de Inglaterra e Xibraltar conforman o distrito electoral do Suroeste de Inglaterra do Parlamento Europeo.
Weymouth e Pórtland está irmandada coa localidade alemá de Holzwickede, Renania do Norte-Westfalia, desde 1986 e coa francesa de Louviers, no departamento de Eure, Alta Normandía, desde 1959.dereita|miniatura|300x300px|Terraced houses feitas con pedra de Pórtland en Fortuneswell (Underhill). Xeografía A illa áchase na canle da Mancha, 200 km ao oeste-suroeste de Londres. Atópase aproximadamente na parte media da Costa Xurásica, declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco; O Carreiro da Costa Suroeste, que cos seus 1.014 km constitúe o máis longo camiño para percorrer a pé no Reino Unido, rodea a illa. esquerda|miniatura|A illa de Portland, vista desde Chisel Beach. Pórtland está conectada a Gran Bretaña en Abbotsbury a través de Chesil Beach, un tómbolo que se estende 29 km en dirección noroeste cara a West Bay.
Esta característica fixo que fose incorrectamente definida como unha península.
Xeoloxía Portland está dividida en dúas partes: a zona norte, empinada, chámase Underhill, mentres que a parte maior e menos empinada coñécese como Tophill. A pedra de Portland atópase debaixo desta última; Alí o terreo descende dunha altitude de 151 m, preto de The Verne no norte. A xeoloxía de Underhill é diferente: a súa superficie está dominada por unha escarpa de area de Portland sobre unha capa máis grosa de arxila de Kimmeridge, que se estende cara á praia de Chesil e o porto. Esta arxila foi o resultado dunha serie de corrementos de terra, formando os West Weares e os East Weares. miniatura|260x260px|Mapa xeolóxico de Dorset.|esquerdaNo subsolo do sur de Dorset, a uns 2.400 m de profundidade, existe unha potente capa de halita do Triásico. A illa é un dos poucos lugares do Reino Unido onde este depósito ten espesor suficiente para permitir a escavación de grandes cavernas destinadas ao almacenamento subterráneo de gas natural.
En 2008 foi autorizado un proxecto para crear catorce cavernas artificiais cunha capacidade de almacenamento duns 1.000 millóns de m³ de gas natural (o 1 % da demanda anual británica), conectadas á rede nacional mediante unha tubaxe soterrada de 37 km até Mappowder.
As obras prevían comezar o almacenamento de gas en 2010 e completar o complexo arredor de 2013, ademais da creación dun centro de interpretación sobre a xeoloxía da illa. Porén, o proxecto non chegou a desenvolverse e posteriormente foi abandonado, sendo substituído por outras propostas de almacenamento enerxético.
Portland Bill dereita|miniatura|260x260px|Faro e oficina de turismo en Portland Bill. Portland Bill é unha pequena península emprazada no extremo meridional da illa e non debe ser confundida coa illa en si mesma. É un angosto promontorio de pedra de Pórtland que constitúe o punto máis meridional de Tophill. Existen sobre ela tres faros; é un importante punto de referencia para os barcos que pasan polo lugar. O faro actual foi renovado en 1996 e desde entón é controlado a través de computadoras; unha oficina turística foi construída cerca para brindar información aos visitantes e guiar paseos polo mesmo. Os dous faros máis vellos sitúanse máis cerca do interior da illa e un deles é un importante observatorio utilizado por ornitólogos, provendo información sobre a migración de aves e aloxamento para os turistas.
O saínte de Pórtland (the Shambles) é unha extensión submarina de pedra de Pórtland que penetra na canle da Mancha nun lugar onde a profundidade do mesmo é de entre 20 m e 40 m. O fluxo das mareas é alterado pola xeoloxía do lugar. Até os 10 m de profundidade e 2,4 km de distancia, as mareas corren cara ao sur de Portland Bill; este fenómeno denomínase Portland Race. A corrente cesa soamente por breves períodos durante as doce horas e media do ciclo mareal e pode alcanzar os 4 m por segundo.
Ecoloxía miniatura|260x260px|A desusada canteira Tout converteuse nun parque de esculturas e nunha reserva natural. Diversos escultores, como Antony Gormley, traballaron alí. Debido á súa illada localización costeira, a illa de Pórtland presenta unha gran diversidade de flora e fauna; a costa e algunhas canteiras en desuso foron designadas Sitios de Especial Interese Científico. As aves mariñas e migratorias ocupan a illa en diferentes estacións do ano, e ás veces, estas inclúen especies estrañas que atraen a ornitólogos de todo o país. Os golfiños, as baleas e o peixe bobo (Cetorhinus maximus) son algúns dos visitantes pouco comúns de Pórtland. Chesil Beach é un dos dous únicos lugares no Reino Unido onde habita o grilo escamento, o cal, a diferenza doutros grilos, carece de ás e non canta nin salta.
O clima comparativamente cálido e sollío da illa permite o desenvolvemento de certas especies de plantas que non existen en Gran Bretaña. O solo calizo ten poucos nutrientes, razón pola cal prosperan na illa especies pequenas de flores silvestres e pasto, en ausencia de plantas de maiores dimensións. A lavanda do mar de Pórtland pode ser atopada nos máis altos cantís mariños; endémica da illa, é unha das plantas máis inusuais do país. As flores e plantas silvestres crean un hábitat perfecto para as bolboretas: máis da metade das 57 especies de bolboretas británicas habitan na illa, incluíndo variedades que emigran desde a Europa continental. Entre as especies que viven en Pórtland e que son pouco frecuentes dentro do Reino Unido, atópase a Plebeius argus.
Clima
O mar apracible que rodea a illa orixina un clima tépedo (Clasificación climática de Köppen: Cfb) cunha pequena variación nas temperaturas diarias e anuais. A temperatura media desde 1971 a 2000 foi de entre 10,2 e 12 °C. O mes máis cálido é agosto, cunha amplitude térmica de entre 13,3 e 20,4 °C, e o máis frío, febreiro, cunha amplitude de entre 3,1 e 8,3 °C.
As temperaturas máximas e mínimas de todo o ano son superiores ás da media de Inglaterra. A temperatura media da superficie do mar no próximo Weymouth oscila entre os 7 °C en febreiro e os 17,2 °C en agosto.
As inundacións costeiras afectaron aos residentes e ao transporte da illa durante séculos. No outono e no inverno, Chesil Beach sofre fortes tormentas e grandes ondas. Despois de dúas graves inundacións na década de 1970, o borough Weymouth & Portland e Wessex Water decidiron investigar a estrutura da praia e os posibles proxectos de defensa costeira para protexer Chiswell e a ruta. O proxecto que finalmente se elixiu na década de 1980 reduciu a profundidade e a duración das inundacións.