Cryptoblepharus poecilopleurus paschalis, comunmente chamada moko uri uri en lingua rapanui, é unha subespecie do lagarto escamoso escíncido Cryptoblepharus poecilopleurus, endémica da Illa de Pascua, no Pacífico Sur.

Características Esta subespecie de lagarto mantén moitas das características da especie, sendo extremadamente delgada; co corpo de aspecto algo aplanado. A pálpebra ten unha xanela transparente, facendo que pareza permanentemente aberto, o que lle permite ver mesmo cando a pálpebra está pechada. O ollo está rodeado de escamas pequenas, granulares. Presenta escudos frontoparietais e interparietais normalmente fusionados, formando un grande escudo que debuxa aproximadamente o contorno dun diamante. A fronte é curta, case tan longa como ancha. As extremidades son relativamente pequenas, pero están ben desenvolvidas, con patas pentadáctilas con dedos longos, subcilíndricos.Horner, P. 2007. Systematics of the snake-eyed skinks, Cryptoblepharus Wiegmann (Reptilia: Squamata: Scincidae) - an Australian based review. The Beagle Supplement 3: 21-198

Taxonomía Cryptoblepharus poecilopleurus paschalis Garman 1908 (fide Mertens 1931) Cryptoblepharus boutoni paschalis Barbour & Loveridge 1929: 246 Cryptoblepharus poecilopleurus paschalis Horner 2007

Alimentación A súa dieta inclúe insectos e arácnidos.

Hábitat e comportamento Este lagarto rube rapidamente sobre as rochas e troncos das árbores. Adoita permanecer próximo á costa mariña. Foron capturados debaixo de cortizas de árbores, aínda que tamén busca refuxio en fendas entre as rochas. A miúdo atópase en solos con area solta. As grandes escamas que cobren a pel da cabeza e o corpo, resultan ser útiles defensas contra os depredadores. Retórcese fortemente ao ser tomado coas mans.

Comparte o seu hábitat con outra especie de pequena lagarta, Lepidodactylus lugubris, coñecida localmente como moko uru-uru kau.

Distribución Esta subespecie é un endemismo da illa de Pascua, pois só se atopa distribuída nesta illa, tamén chamada na lingua autóctona Rapa Nui, sendo famosa en todo o mundo polas súas enormes estatuas coñecidas como moai, vestixios dunha cultura ancestral da etnia rapanui.

Esta é unha illa de Chile situada na Polinesia, no medio do océano Pacífico. Ten unha superficie de 163,6 km². Administrativamente, atópase na comuna de Illa de Pascua que forma a provincia de Illa de Pascua, pertencente á Rexión de Valparaíso. Unha reforma constitucional no ano 2007 estabeleceu que a illa é un «territorio especial».

Conservación O hábitat desta subespecie é administrado polo goberno chileno a través de Conaf mediante o Parque Nacional Rapa Nui, mentres que a UNESCO declarou este parque como Patrimonio da Humanidade en 1995, polo que o taxon non corre un perigo inmediato. Porén, como todas as especies insulares endémicas, é vulnerable a introducións de novos preeiros. Outra subespecie da mesma especie extinguiuse da illa de Guam; o último exemplar atopado alí foi rexistrado no ano 1969. O hábito deste lagarto de agocharse baixo a cortiza das árbores ou outros espazos pechadas, vólvea vulnerable á depredación de pequenas serpes asilvestradas.

Notas

Categoría:Animais descritos en 1908 Categoría:Fauna endémica da Illa de Pascua Categoría:Réptiles de Oceanía