Covadonga López de Prado Nistal, máis coñecida como Covadonga López, nada en Ribadeo e criada en Oviedo, é unha historiadora, técnica de museos e escritora galega.

Traxectoria

É Licenciada en Xeografía e Hisotoria, especialidade en Historia da Arte pola Universidade de Santiago, cun mestrado en 'Museologia, Espresione e Comuniazione Visiva' na Università Internazionale dell'Arte (UIA) de Florencia, e terceiro ciclo de estudos universitarios na UNED.

É Técnica superior de Museos da Xunta de Galicia. Foi Directora do Museo Etnolóxico de Ribadavia, técnica de Museos no Museo de Belas Artes da Coruña e directora do Museo Massó de Bueu desde o ano 2009.

Foi relatora en numerosos congresos nacionais e internacionais, comisaria e participante de moitas exposicións temporais. Colaborou nas revistas A lingua do corvo, Os Galos, Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública, Boletín de arte, Abrente: Boletín de la Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario, Boletín do Museo Provincial de Lugo e Cuadernos de estudios gallegos.

Obras

María Luisa de Orleans, unha raína efémera: do 12 de novembro de 2003 ao 31 de xaneiro de 2004 (2003). Museo de Belas Artes da Coruña. ISBN 84-453-3688-6. Castelán: María Luisa de Orleáns, una reina efímera: del 12 de noviembre de 2003 al 31 de enero de 2004: Museo de Belas Artes da Coruña, ISBN 84-453-3689-4. Os catro elementos: aire, auga, terra e lume: [exposición] (2008). Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-4682-2. En castelán: Los cuatro elementos: aire, agua, tierra y fuego, ISBN 978-84-453-4681-5. A Travesía marítima do Apóstolo. Unha peza singular. Translatio Sancti Iacobi (2010). Museo Massó, Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-4930-4. Museo Massó. El museo que creció dentro de una fábrica de conserveros de Galicia (2015). Museo Massó, Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-5133-8. A última lancha xeiteira: unha peza singular. Embarcación galega máis representativa da costa occidental galega (2015). Museo Massó, Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-5019-5. Facedoras de Bueu, proxecto de Mar Caldas Publicación: Museo Massó, exposición temporal (2018). Museo Massó. ISBN 978-84-453-5311-0. Crecer co mar: os gozos e as sombras dunha vila mariñeira. Guía il ustrada de la exposición temporal con texto explicativo y fotografía de los fonso museográficos y documentales expuestos (2019). Museo Massó. Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-5346-2. Urbano Lugrís no Museo Massó e viceversa: a primeira etapa da travesía artística lugrisiana (2024). Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-5502-2. En castelán: Urbano Lugrís en el Museo Massó y viceversa: la primera etapa de la travesía artística lugrisiana, ISBN 978-84-453-5501-5.

Obra colectiva

Censo de museos de Galicia normas para o inventario (1993). Xunta de Galicia, Dirección Xeral do Patrimonio. ISBN 84-453-0657-X. Abrente (2000). Deputación da Coruña. ISBN 978-84-95335-58-6. Fantasías republicanas: Museo Etnolóxico, Ribadavia, 20 decembro 2006-14 de abril 2007 (2007). Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. ISBN 978-84-453-4395-1. O calendario agrícola: [exposición] (2009). Museo Etnolóxico de Ribadavia (Ourense), Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-4742-3. En castelán: El calendario agrícola: el calendario constituye un claro ejemplo de la deuda cultural que la civilización de occidente tiene con la antigua Roma, ISBN 978-84-453-4737-9. A arte de navegar: a colección de Antonio Rama (2016). Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-5229-8. En castelán: El arte de navegar: la colección de Antonio Rama, ISBN 978-84-453-5230-4. O mundo antigo no Museo Massó: o centro oleiro romano de Bueu (2017). ISBN 978-84-453-5276-2. En castelán: El mundo antiguo en el Museo Massó: el centro alfarero romano de Bueu, ISBN 978-84-453-5274-8.

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Alumnos da Universidade de Florencia Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados no século XX