O Tampere Rugby Club é un equipo de rugby da cidade de Tampere (Finlandia). Fundado en 2001, o Tampere Rugby Club é un dos clubs de rugby máis antigos de Finlandia e o único da rexión de Pirkanmaa. Ten gañado o campionato finlandés en tres ocasións na categoría de rugby XV e unha na de seven. Xoga os seus partidos como local no Raholan urheilukenttä.
Na tempada 2026 o equipo compite na 1 Divisioona, a segunda categoría do rugby masculino finlandés.
Historia O Tampere Rugby Club foi fundado en 2001 coa práctica do rugby en categoría masculina. O primeiro gran éxito do club chegou na tempada 2006, cando o equipo masculino proclamouse campión finlandés de rugby XV por primeira vez na súa historia, revalidando o título na tempada seguinte.
En 2018 o equipo finalizou na terceira posición a liga regular da 1 Divisioona, mais na semifinal non puido co Espoo RC (27–32) e quedou fora da final da 1 Divisioona a pesar de ter dominado na primeira parte do partido.
Na tempada 2021 o Tampere Rugby Club conseguiu regresar á máxima categoría logo de gañar a 1 Divisioona.
Palmarés Rugby XV SM-sarja (3): 2006, 2007 e 2013
Rugby VII SM Sevens (1): 2012
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Tampere Rugby Club