Kathy Yaeji Lee, nada o 6 de agosto de 1993 en Nova York, coñecida simplemente como Yaeji, é unha DJ coreano-estadounidense. Normalmente canta tanto en inglés coma en coreano.

Traxectoria Mentres estudaba nos Estados Unidos, interesouse máis pola música electrónica, traballando como DJ en varias festas. Máis tarde volveu a Nova York para dedicarse plenamente á música e traballar en clubs. Lanzou cancións en SoundCloud antes de que os seus sinxelos fosen lanzados en 2016.

En 2017, lanzouse o seu primeiro EP e, ese mesmo ano gañou un maior recoñecemento despois do seu primeiro concerto en Boiler Room. Seguiulle unha serie de sinxelos e, máis tarde, un segundo EP, titulado simplemente EP2. Yaeji apareceu na lista Sound of 2018 da BBC en novembro de 2017. En 2018, actuou no Festival de Coachella e, en 2020, lanzou a mixtape What We Drew.

O seu álbum de estrea, With A Hammer, publicouse o 7 de abril de 2023. Ademais, ese ano compuxo unha versión electrónica de Over the Horizon, utilizada no Samsung Galaxy S23.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sitio web oficial

Categoría:Nados en Queens Categoría:Nados en 1993 Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:DJs