José Edreira Seoane, coñecido como Chuno, nado en Betanzos cara a 1914 e finado en Aranga o 13 de agosto de 1936, foi un obreiro e político galego.

Traxectoria Afiliado ao Sindicato de Profesións Varias de Betanzos da CNT. Mariño de substitución, cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba de permiso en Betanzos. Participou na resistencia contra o golpe e foi detido o 12 de agosto. Paseado ao día seguinte con Antonio Maceiras Amor e Antonio López Pérez na Reborica segundo declarou o seu pai no proceso militar por deserción. Non se admitiu a testemuña do pai e foi declarado en rebeldía.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1936