Umaru Konare Tounkara, nado en Monforte del Cid o 10 de agosto de 2004, é un futbolista español que xoga de dianteiro no Elche, da Primeira División.
Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Ilicitano Sporting CF, o SCD Intangco e o CD Actur Pablo Iglesias, antes de fichar polo CF Intercity en 2023. Inicialmente membro do equipo B da Segunda FFCV, tamén xogou co equipo principal da Primeira Federación durante a tempada 2023/24.
O 18 de xullo de 2024 asinou un contrato de tres anos co Elche CF, sendo asignado ao equipo filial da Segunda Federación. Despois de contar con poucos minutos, foi cedido á UD Barbastro, da mesma categoría, o 2 de febreiro de 2025.
De volta no conxunto ilicitano en xullo de 2025, comezou a xogar regularmente co filial e foi o máximo goleador do equipo principal na pretempada de 2026 con catro goles. Debutou na Primeira División o 17 de agosto dese ano, substituíndo a Fer Niño contra o Deportivo da Coruña en Riazor. Ao día seguinte renovou o seu contrato ata 2030.
Notas
Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados na provincia de Alacant Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Xogadores do Elche CF Ilicitano Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do CF Intercity