Iosif Semashko (en ; en ; en ), nado o 25 de decembro de 1798 en Pavlivka (gobernación de Podolia, Imperio Ruso; hoxe Ucraína) e finado o 23 de novembro de 1868 en Vilnius (Imperio Ruso, hoxe Lituania), foi un sacerdote e bispo católico oriental que desempeñou un papel central na supresión da Igrexa greco-católica no Imperio Ruso entre 1837 e 1839. Posteriormente, foi nomeado arcebispo na Igrexa ortodoxa rusa, sendo elevado ao rango de metropolitano en 1852. Traxectoria Naceu o 25 de decembro de 1798 en Pavlivka, entón na gobernación de Podolia do Imperio Ruso.

O 26 de decembro de 1820 foi ordenado diácono, e un ano despois, o 28 de decembro de 1821 foi ordenado sacerdote por Yakiv Martushevych.

O 21 de abril de 1829 foi elixido bispo auxiliar de Polack. Recibiu a consagración episcopal o 16 de agosto de 1829 de mans do arcebispo Jazafat Bulhak na igrexa de Santa Catarina de San Petersburgo, e tivo como co-consagradores principais ao arcebispo de Polack Yakiv Martushevych e ao bispo Szymon Michal Józef Arnold Giedroyć.

O 2 de abril de 1833 foi nomeado bispo de of Žyrovyci

O 11 de abril de 1839 foi nomeado arcebispo.

Finou o 23 de novembro de 1868 en Vilnius.

Notas

Categoría:Nados en 1798 Categoría:Nados na rexión de Vinnytsia Categoría:Finados en 1868