A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros é unha entidade de participación cidadá fundada no ano 1977 na Coruña. Dende a súa creación, constitúe o principal órgano de representación dos veciños do barrio de Oza, Gaiteira e Os Castros perante as administracións local, autonómica e estatal, e ten desenvolvido ao longo da súa traxectoria unha intensa actividade cultural, social e reivindicativa.
Fundación e primeiros anos A asociación xurdiu no ano 1977, no contexto da transición española; nese período, a cidade experimentaba unha profunda transformación urbanística. No casos destes barrios, persistía unha notable carencia latente de servizos públicos e de infraestruturas adecuadas. As primeiras movilizacións veciñais impulsadas pola entidade reclamaron o peche da refinaría de CAMPSA -situada onde hoxe se atopa o parque Europa, a construción do colexio Sal Lence e a protección da praia do Lazareto.
Movilizacións contra o carbón A partir da década de 1990, a asociación protagonizou unha das súas campañas máis coñecidas: as protestas contra as descargas a ceo aberto de cereais e carbón no Porto da Coruña, que representaban preto do 75% das operacións do porto. Estas operacións xeraban nubes de po que afectaban á veciñanza, provocando molestias e problemas respiratorios.; As accións reivindicativas foron variadas, e incluíron manifestacións, performances, encontros coas autoridades e incluso denuncias ante o SEPRONA e o Parlamento Europeo. Estas actividades de mobilización levaron á entidade a recibir sancións administrativas, que chegaron a ser debatidas no Congreso dos Deputados.Boletín Oficial de las cortes generales. 16 de junio de 2004 páxina 14 Finalmente, a presión veciñal propiciou a construción da instalación de almacenamento pechado coñecida como palacio do carbón, popularmente chamada a Medusa, inaugurada no ano 2007, aínda que unha vez posta en funcionamento, houbo puntualmente queixas por descargas de carbón e cereais a ceo aberto.
Proteción do patrimonio Outro dos ámbitos de maior mobilización da asociación foi a defensa do patrimonio histórico e arquitectónico do barrio. Nos seus primeiros anos, a entidade participou activamente na defensa da praia do Lazareto ante a súa eliminación, e posteriormente impulsou diversas reivindicacións relacionadas co uso cidadá do Faro de Oza. Así mesmo tentou conseguir a protección do antigo concesionario da Citroën na Avenida de Oza, a recuperación das galerías comerciales da rúa da merced e a protección e restauración das casas modernistas existentes na Avenida de Oza.
Memoria do barrio Ao longo da súa traxectoria, a asociación lanzou diversas campañas orientadas a divulgar a historia e memoria social do barrio e do antigo concello de Oza. Entre estas iniciativas destacan Pantasmas de Oza, Mulleres na rúa, Memoria emocional e Facendo barrio, facendo historia. Ademais a entidade promoveu e colaborou na instalación de diversos recoñecementos no espazo público vencellados á memoria local, coma o monumento á evasión de La libertaria ou a homenaxe a Cañita Brava.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas RedeOza
Categoría:Asociacións de Galicia Categoría:A Coruña