Carmela Galego Marante, nada na Coruña en 1979, é unha historiadora de arte, mestra e activista cultural galega. Desde o 10 de xuño de 2025 exerce como presidenta colexiada da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Traxectoria Licenciouse en historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela, e obtivo un mestrado en Educación física pola Universidade da Coruña. A súa actividade investigadora e divulgadora céntrase na historia local, na iconografía medieval en Galicia e na recuperación da memoria histórica e democrática, con especial atención ás figuras do artista Francisco Miguel e da escritora Syra Alonso.
Dende 2016 imparte docencia de Historia da Arte para adultos no programa Lecer do Concello da Coruña, ao tempo que publicou diversos artigos sobre a situación da muller na arte e na arquitectura. Esta actividade levouna a entrar en contacto no 2019 coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, coa que comezou a colaborar no proxecto A Coruña das Mulleres, ademais de ofrecer diversas conferencias sobre arte.
Posteriormente integrouse na directiva da entidade como vicepresidenta e, a partir de xuño de 2025, asumiu a presidencia colexiada en substitución de María Xosé Bravo.
Artigos "Espacio, protección cultural y feminismo", na revista de cultura e ciencias sociais Ábaco (2018) "Apuntamentos sobre o urbanismo en Ourense. Dous casos a estudo", no libro Aguas quentes. Argumentos para lo urbano (2017). "Ourense de papel. Tres proxectos non construidos no primer terzo do século XX", no libro Aguas quentes. Argumentos para lo urbano (2017). "Desde recuperar a fisionomía medieval da Catedral a de-construir a trama da historia para configurar a praza de San martiño. A mirada de Antonio Palacios para Ourense", na revista Luzes, 2015. "Alternativas fronte a arquitectura da opulencia", na revista Luzes, 2016
Notas
Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Activistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes